A Pastoriza, a 7 de agosto de 2020. Os populares critican “a falta de rigor e transparencia” do goberno local en relación ao reparto de material hixiénico-sanitario no municipio da Pastoriza e condenan que “o propio alcalde recoñeza ante as nosas preguntas que non hai rexistro de saída do material hixiénico-sanitario de protección fronte ao coronavirus que foi doado pola Xunta ao Concello”. É dicir, “continuamos descoñecendo o destino das máis de 1.600 mascarillas achegadas pola Xunta xunto a luvas, xel, traxes e batas, entre outro material de protección. Non sabemos se, finalmente, foron repartidas entre os veciños ou se foron almacenadas”.
Lamentan igualmente, por outra banda, que “os socialistas fixeran uso dun vehículo municipal e do traballo dun operario para repartir as mascarillas que, segundo din, foron adquiridas polo grupo municipal do PSOE. É vergoñento empregar recursos dunha administración pública para desenvolver unha actividade promovida por un partido político”, manifestan.
Falta de sintonía entre os grupos do goberno e desinterese polo rural
O voceiro popular, José Bouso, asegura tamén que no debate do pleno do pasado mes de xullo “se evidenciou a falta de sintonía entre o alcalde e a tenente de alcalde pastoricense”; xa que “a nacionalista asegurou que en ningún momento foi facilitado ás áreas que dirixe o material recibido polo Concello e manifestou descoñecer en todo momento onde se atopaba ese material de prevención”.
O Grupo Municipal Popular interesouse pola mellora do rural e dirixiu ao goberno unha pregunta sobre os motivos polos que non foron solicitadas as axudas para a mellora de infraestruturas turísticas no rural do noso concello convocadas pola Xunta de Galicia. “O desinterese do grupo socialista pastoricense polo noso rural quedou tamén demostrado coa súa resposta na que manifestaron non saber desta axuda. É dicir, nin sequera saben se foi presentada ou non e aprazaron ao vindeiro pleno dar explicacións”.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



