Burela, 26 de novembro de 2020. A insignia Eroski/ Center da
compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski conta cun
novo establecemento na localidade de Burela. Emprazado en Lugar
de Perdouro, número 13, abre hoxe as súas portas ao público de 9:15 a 21:45 horas, horario que manterá de luns a sábado. Con esta inauguración, a empresa pon ao dispor dos clientes en Lugo máis de 25.882 metros cadrados de superficie comercial cun total de 28 tendas, xerando 543 postos de traballo en toda a provincia (co novo Eroski Center de Burela).
Para a súa apertura oficial levou a cabo un pequeno acto de inauguración á primeira hora desta mañá coa participación do alcalde do Concello de Burela, Alfredo Llano García, quen estivo acompañado polo director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González; o director de hipermercados, supermercados e gasolineiras Eroski, Florentino Vázquez; o xefe de zona de Eroski Center, Pedro Fraga; o director de Expansión e Franquicias de Vegalsa-Eroski, Pedro Suárez, e o equipo da tenda.
Unha tenda moderna e sostible
Esta nova tenda, que convivirá co outro establecemento que a
compañía ten no centro desta mesma localidade, está adaptada ao
modelo comercial ‘Contigo’ de Vegalsa-Eroski que se distingue pola
especialización en frescos, pola súa gran aposta polos produtos locais e por ser supermercados máis modernos, espazosos e ecoeficientes,
responsables coa contorna natural e a conciencia ecolóxica. Para iso
conta con medidas de eficiencia enerxética tanto en iluminación, coa
instalación de luces led, como en climatización, a través da
automatización e monitoraxe das instalacións de tenda para unha
xestión máis eficiente da enerxía eléctrica que lle permitiu reducir o
35% do consumo enerxético.
Oferta integral e atención personalizada
Esta nova tenda, que supuxo un investimento próximo aos dous millóns de euros, ten unha sala de vendas de 1.747 m2 con máis de 14.200
referencias de alimentación, frescos e non food e atención
personalizada nas súas seccións de frescos: carnicería, peixaría,
charcutería, frutería e panadería, nas que os clientes poderán atopar
tamén servizos como máquina de zumes recentemente espremidos, cortadora de pan e cortadora de bacallau. Ademais, terán á súa disposición unha ampla variedade de alimentos de proximidade, fiel á aposta da compañía pola produción local e os produtos frescos de tempada, realizando o pasado ano transaccións por valor de 363 millóns de euros con máis de 900 provedores locais, un 4,3% máis que en 2018.
O establecemento pon ao dispor dos clientes ademais o servizo de compra en liña (con repartición a casa e modalidade de servizo de recollida en tenda click & collect) e servizo de entrega a domicilio.
O persoal está formada por 47 traballadores que serán os encargados de garantir un servizo de calidade aos clientes que poderán utilizar as
tarxetas Visa, 4 B e Rede 6000 así como a tarxeta de fidelidade Eroski Club e Eroski Club ORO coa que acumulan un desconto directo do 4% das súas compras. Este establecemento dispón tamén de aparcamento propio
con 150 prazas, das cales o 90% estarán cubertas.
Sobre Vegalsa-Eroski
Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 271
establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais
Hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski/ Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski/City, Aliprox e Rapid. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división de Autoservizos Cash Récord de Vegalsa- Eroski conta cun mapa comercial composto por 18 centros distribuídos homoxéneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



