Burela, 1 de decembro, 2020. Pescados Rubén Burela FS regresará a Málaga para revivir na final four da II Copa da Raíña (18-20 de decembro) a finalísima de liga. As Guerreiras Laranxas saltarán outra vez ao Martín Carpena para medirse de novo ao AD Alcorcón, na primeira semifinal, repetindo o escenario e o rival do 28 de xuño, cando as mariñás se alzaron co trofeo 2019-20. Así o deu a coñecer esta mañá a RFEF no sorteo celebrado na Cidade do Fútbol de Las Rozas.
Defendendo o título de Burela 2019, o conxunto laranxa inaugurará a fase final o venres 18 ás 14.00 horas, fronte ao subcampión de liga. Poio Pescamar e UA Alicante (16.00 horas) pelexarán polo segundo billete para a gran cita do domingo.
“Esperamos esta final four con moita ilusión. Coa situación que estamos a vivir temos que aproveitar esta oportunidade que se nos presenta, poder gozar da loita por un título” confesaba Julio Delgado, tras coñecer os enfrontamentos, coas alfareiras como rivais: “Volvemos vernos os finalistas de liga. Sabiamos que calquera ía ser un rival difícil. Temos que poñelo todo e preparalo ao máximo para poder estar na final” reflexionaba o técnico burelista.
Venres 18 de decembro, Semifinais
Teledeporte
14.00 horas: Pescados Rubén Burela FS- AD Alcorcón FSF
16.00 horas: Poio Pescamar FSF- UA Alicante
O Martín Carpena tamén será testemuña da final four da Copa do Rei, coas semifinais o sábado: Real Betis Futsal-Barça (14.00 horas) e Jaén Paraíso Interior-Industrias Santa Coloma (16.00 horas).























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
