Ribadeo, 26 de xaneiro de 2021. No pleno ordinario que se celebrará esta tarde no Concello de Ribadeo analizarase a proposta para solicitar o proxecto Life Global, a emprender na costa das parroquias de A Devesa, Rinlo e Vilaframil. Trátase da adquisición de 27 parcelas, que ocupan unha superficie de 14 hectáreas, para restaurar os hábitats costeiros de flora autóctona. E tamén se analizará a solicitude de axudas ao IDAE para realizar melloras no alumeado público. O investimento total ascendería a 2 millóns de euros e a axuda demandada será do 80%. A sesión plenaria de hoxe, prevista para as 20:00 horas, será telemática.
O rexedor contou que “un dos temas que vai ao pleno hoxe é a proposta de solicitar un novo proxecto europeo, coñecido como Life Global, que segue a estela do proxecto Life Fluvial, que aínda está vixente e co que fomos expropiando nestes últimos tempos terreos na marxe galega da ría de Ribadeo para poñer a disposición de Conservación da Natureza para facer actuacións medioambientais. De aí que estivéramos substituíndo eucaliptos por frondosas desde As Aceas ata practicamente o inicio da traza do tren mineiro de Ribadeo a Vilaoudriz”.
Fernando Suárez explicou que “agora neste outro Life que queremos solicitar trátase de pedir financiamento para adquirir unha serie de parcelas que lindan co mar nas parroquias de A Devesa (singularmente no entorno das Catedrais), Rinlo e Vilaframil. En definitiva propoñeríamos a compra de 27 parcelas, que ocupan unhas 14 hectáreas no seu conxunto, para lograr a restauración dos hábitats costeiros de flora autóctona. Este ambicioso proxecto tamén se levaría a cabo en coordinación con outras comunidades, como Asturias, Castela, Euskadi ou Navarra, a través do IBADER, que é o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da Universidade de Santiago de Compostela”.
O alcalde sinalou que “outro punto que plantexamos no pleno é a posibilidade de solicitar ao IDAE, que é o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía que depende do Ministerio para a Transición Ecolóxica, unha axuda económica de fondos europeos para accións de renovación de todas as instalacións de iluminación pública no concello, actuación cifrada cun orzamento duns 2 millóns de euros, dos que solicitaríamos o 80 por cento, que son 1.600.000 euros de axuda de fondos europeos. E con toda a humildade plantexamos esta acción que nos parece moi interesante e é o momento de que o pleno se pronuncie para ver se somos beneficiarios nun futuro máis ou menos inmediato”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



