Viveiro, 16 de xaneiro, 2020. A nova situación provocada pola Covid19 está a ocasionar cambios na sociedade e nas formas de vivir. Vemos como se está a crear unha nova realidade na mobilidade urbana, máis sostible, ecolóxica e saudable. Até agora só viamos vehículos a motor e algunha bicicleta polas nosas estradas, mais agora tamén entran en xogo outros vehículos como as bicis eléctricas e patíns a batería. Para estes últimos a DXT remata de publicar unha nova normativa que entrou en vigor o 2 de xaneiro deste mesmo ano, na que se regulan as principais normas de circulación para estes vehículos de mobilidade persoal (VMP).
As institucións e sobre todo as locais, están a ver en todo isto unha gran oportunidade para dar un xiro na mobilidade das súas vilas tentando xerar novos valores para as vindieras xeracións, así é como lemos cada vez máis nos xornais e medios de difusión como os Concellos se fan eco das súas melloras con carrís-bici, vías ciclables e adaptacións de carrís para a convivencia de vehículos a motor, bicicletas e patíns. En definitiva, tentar que as nosas vilas e cidades vaian cara un lugar do que nunca deberon saír, cara unha forma de mobilidade que non xera residuos, boa para a saúde e de custe mínimo para os cidadáns e cidadás.
Todo isto ocorre moi perto de nós e vémolo todos os días, tan só fai falla saír un pouco da nosa contorna para ver sitios cada vez máis adaptados para o uso da bici, menos no concello de Viveiro, onde a desidia do goberno local de María Loureiro tamén se fai constar neste ámbito, tanto é así que o PSOE tumbou en agosto do ano pasado a moción para un Viveiro Ciclable e que de igual maneira levamos agardando 5 meses por unha Comisión de estudo e seguemento para crear vías ciclistas en Viveiro.
Viveiro segue á cola do progreso nun tema tan interesante e de sentido común como este, non é o BNG o que espera por esta Comisión para a creación de vías ciclables, é a veciñanza que quere utilizar a bici con seguridade para ir ao traballo, facer a compra e/ou manterse saudáble facendo exercicio, así como pais e nais que queren ir seguras coas súas crianzas mentres lles inculcan valores para unha mobilidade máis humana e respetable co medio ambiente.
A voceira do BNG en Viveiro, Míriam Bermúdez, asegura: “no BNG queremos comezar por unir os principais núcleos poboacionais do concello xa que realmente están moi perto os uns dos outros, cun terreo prácticamente chao que fai moi sinxela a súa conexión con carrís-bici entre Covas, Magazos, Celeiro e Viveiro. Algo básico que xa debera estar feito desde hai moitos anos”.
Por outra banda a concelleira afirma “isto non é un problema de presuposto nin de facer grandes obras, tan só é cuestión de bondade e gañas de traballar. Agardamos que o PSOE rectifique na súa actitude canto antes para podernos sentar a falar do tema e chegar a acordos polo ben de Viveiro.”






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



