Cervo, 30 de xaneiro de 2021. A edil de Facenda, Dolores García Caramés, presentou hoxe un avance dos orzamentos previstos para o este ano 2021, cuxa tramitación se está a ultimar, e que serán aprobados no vindeiro pleno ordinario que se celebrará o próximo xoves, 4 de febreiro.
Caramés explicou que a partida para este exercicio ascenderá a 6.445.820,17 euros, unha cifra que se reduce nun 3,04% con respecto ao exercicio anterior –concretamente en 201.867,60 euros- “froito da actual conxuntura que vivimos marcada por unha pandemia de alcance mundial, unha situación inédita que tamén afecta ás arcas municipais”.
Os orzamentos que imos presentar son polo tanto “realistas; e responden aos principios da prudencia e a da responsabilidade”; co obxectivo prioritario de seguir a ofrecer uns servizos públicos de calidade para a nosa veciñanza; cumprindo os principios da eficiencia e da eficacia na xestión do gasto público. Son unhas contas -engade- que amosan a aposta decida deste equipo de goberno pola estabilidade e a sustentabilidade financeira, e nomeadamente polos servizos públicos; “porque estes orzamentos reflicten de novo a indubidable aposta deste Concello pola xestión directa, “que sitúa a Cervo como o municipio de Galicia con máis servizos públicos” (saneamento, recollida de lixo, abastecemento de auga, escola infantil, piscina municipal, Axuda no Fogar, Dependencia, entre outros).
No orzamento para este ano 2021 seguen a ter especial relevancia as políticas de fomento do emprego “cuxo exemplo máis significativo son as bolsas de formación remuneradas para a mocidade”, para as que se destinan 140.000 euros do orzamento municipal.
Seguimos, así mesmo, -precisa- estando ao carón do tecido social do noso municipio, ofrecendo axudas directas ás diferentes asociacións e clubs deportivos que son fundamentais no día a día do noso Concello “sabedores de que están a ser tamén tempos moi difíciles para o desenvolvemento da súa actividade que se está a ver tremendamente condicionada pola pandemia”. Do mesmo xeito, seguiremos apoiando á comunidade educativa con axudas que volvemos dispoñer para o transporte do alumnado, para as familias, para os centros educativos e as ANPAS.
Os Servizos Sociais ocupan ademais un lugar prioritario na estrutura dos novos orzamentos; para os que se reservan un ano máis unha importante contía tanto para a súa xestión directa como para seguir a colaborar coas diferentes asociacións e colectivos.



















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



