Ribadeo, 19 de febreiro de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, ven de dirixirlle un escrito á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta, no que asegura que os requisitos marcados aos socorristas que queiran traballar en Galicia a vindeira tempada estival son “a todas luces excesivos”, algo que lle ocasionará ao Concello moitas dificultades á hora de cubrir as prazas necesarias para prestar o mellor servizo nos areais ribadenses.
O rexedor alude ás diferenzas entre Galicia e Asturias: “en Ribadeo observamos como nos concellos veciños do occidente asturiano non existe tal problemática e a oferta de socorristas é superior á demanda necesaria”. Para Fernando Suárez “é tan perigoso ter praias sen socorristas como praias con socorristas non capacitados. Parécenos inconcibible o que nos ven pasando nos últimos anos, nos que non cubrimos o servizo necesario cando realmente si que hai socorristas no noso entorno válidos, pero que non dispoñen dos requisitos galegos”.
O alcalde advirte que “á maioría dos socorristas que veñen traballando desde hai moitos anos no noso concello cadúcalles o rexistro como socorrista acuático/a de Galicia no vindeiro mes de abril de 2021”. E segue a explicar que “quedarán sen a posibilidade de traballar de non adaptarse aos requisitos para obter o certificado de profesionalidade de socorrismo acuático en Galicia, os cales resultan excesivos”.
Algúns dos requisitos que deberán pasar: un curso de 270 horas ou participar nun proceso de acreditación de competencias profesionais para o que se esixen 3 anos de experiencia laboral nos últimos 10 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas, ou 300 horas de formación nos últimos 10 anos, “cando a principal lacra deste traballo en Galicia é a temporalidade moi corta”.
Suárez Barcia engade nese escrito que “en Ribadeo tentamos que a tempada estival, e polo tanto a contratación de socorristas, cubra cando menos 3 meses. Polo tanto e no mellor dos casos, un socorrista que traballe en Ribadeo durante 10 anos seguidos soamente acumularía unha experiencia de dous anos e medio, non cumprindo co requisito esixido de 3 anos”.
Desde o Concello ribadense proponse a renovación automática do rexistro dos socorristas que nos vindeiros meses quedarían incapacitados para prestar servizos nos areais, cando menos de xeito que cubra a vindeira campaña de verán de 2021.
E pídelle tamén á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior que “revisen os requisitos marcados para acceder ao certificado de profesionalidade para socorristas que xa contan con experiencia, pois ao noso xuízo, deberían quedar perfectamente habilitados realizando os cursos de reciclaxe que xa ofertan, con 16 horas de duración, ou esixir unha experiencia razoable nos procesos de acreditación de competencias profesionais, adaptada á nosa realidade”.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



