Lugo, 19 de febreiro de 2021. A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro convidou aos centros educativos da provincia a participar na primeira edición do Certame Escolar de Ilustración ilustrarNÓS, dirixido a alumnado de 5º e 6º de Primaria, Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos.
Maite Ferreiro detallou as bases do certame, que forma parte da programación impulsada desde a área de Cultura arredor da ilustración, co obxectivo de contribuír a fomentar a creatividade e o interese por esta arte tomando como referencia a obra de Castelao.
“O alumnado terá que realizar unha ilustración a partir das citas de Castelao que se propoñen nas bases, seleccionadas entre a súa obra literaria buscando que se adapten a cada etapa educativa. Estamos facendo chegar as bases aos centros educativos da provincia e tamén as asociacións de nais e pais, para que animen aos rapaces e rapazas a participar e coordinen o envío das obras. Cremos que esta iniciativa pode ser é un bo recurso para traballar a expresión artística e afondar no coñecemento da obra plástica Castelao”, indicou.
O prazo para participar no certame manterase aberto ata o 23 de abril, coincidindo co Día do Libro. Os traballos remitiranse ao enderezo certame.ilustrarnos@gmail.com.
Un xurado composto por persoas relacionadas co mundo da cultura, da edición, da ilustración e da docencia valorará as obras, tendo en conta aspectos como a relación da ilustración coa cita proposta, a creatividade na interpretación do texto ou a técnica e a composición da imaxe.
As autoras e autores das mellores ilustracións de cada categoría recibirán como como premio unha tablet con aplicacións de deseño gráfico e unha colección de libros ilustrados (álbum, banda deseñada, novela gráfica etc.).
O certame escolar forma parte da programación IlustraNÓS que se puxo en marcha o pasado 30 de xaneiro e que achegará aos centros educativos da provincia unha vintena de obradoiros e charlas a cargo de Polo Correo do Vento e da ilustradora Bea Lema. Tamén se concertarán intervencións artísticas nunha ducia de centros, a cargo dos muralistas e deseñadores Ana Santiso, Rubén Paz e David Fernández.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



