A Fonsagrada, a 18 de febreiro de 2021. O voceiro do Grupo Municipal do PP da Fonsagrada, José Luís Regueiro, reclama, unha vez máis, ao goberno local que solicite formalmente un Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), co fin de que este municipio volva a contar con este servizo que, “por unha decisión unilateral do anterior alcalde, e agora consentida polo actual, prescindiron del, deixando con elo totalmente desprotexidos aos veciños e veciñas deste concello”.
Os populares trasladan esta petición porque a demanda desta prestación é reiterada polos fonsagradinos. Ademais, existe un acordo plenario de setembro de 2019 de crear este Grupo de Emerxencias, pero que, “a día de hoxe, aínda non se cumpriu”. É, por este motivo, e dada a necesidade de que A Fonsagrada conte cun GES, que os populares volven a insistir neste asunto.
Postura “construtiva”
A postura do Grupo Municipal do PP en materia de emerxencias “sempre foi construtiva”. “Presentamos varias preguntas e rogos nos últimos meses. Incluso, engade Regueiro, no pleno de xaneiro ata votamos a favor da proposta e estudar a posible creación dun mini parque de bombeiros para A Fonsagrada e a súa comarca”. Diferente é a actitude e a xestión dos socialistas nesta materia. Proba delo é que, nesa mesma sesión, Regueiro instou ao executivo a iniciar os trámites e negociacións para volver a contar con este servizo e o rexedor declinou facelo.
“Os socialistas teñen que emendar a desfeita que fixeron”
Con todo, o voceiro do PP salienta que os socialistas aínda están a tempo de rectificar solicitando “e tocando á porta de que faga falla” para crear novamente o GES na Fonsagrada. Así, conclúe, “poderían emendar a desfeita que fixeron, despedindo a 12 traballadores con medios do Concello e, polo tanto, de tódolos veciños”.
“Todos lembramos aquel triste e lamentable episodio no que estes traballadores foron enviados ao paro, deixándonos aos veciños sen este servizo. Pero iso xa está e na Fonsagrada todos sabemos que foi o PSOE o autor de tal decisión. Agora toca mirar cara adiante e intentar traballar para paliar a inseguridade na que nos deixaron. E iso pasa, apunta, porque o Concelle solicite a súa creación”.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



