Lugo, 22 de febreiro de 2021. O grupo municipal do PP focense destaca que “grazas aos fondos da Xunta de Galicia, o Concello poderá mellorar dúas estradas locais en Villaronte, cos mais de 40.000 euros cos que Agader financia o plan de mellora de estradas rurais en Foz”. A concelleira popular Verónica Soto sinala que “a mellora será substancial, porque suporá renovar integramente estas dúas estradas, que o Concello de Foz ten en moi mal estado; trátase da pista que une as estradas provinciais e autonómicas e a que enlaza esta con Mañente”.
Soto lembra que “a rede viaria local de Foz está en moi mal estado; o pouco que fixo este goberno nas estradas estivo centrado en tapar de mala maneira as fochancas, que volven aparecer ao pouco tempo”. Engade: “O sistema que usou o goberno local este inverno foi totalmente ineficaz é perigoso, porque o que se conseguiu foi crear zonas inestables nas calzadas, das que salta grava miúda que ocasiona un grave risco de caída a motoristas e ciclistas e de danos a vehículos e persoas”.
A mesma concelleira popular explica que “a Xunta promove co seu plan de arranxo de camiños municipais financiado por Agader a mellora integral de estradas rurais coa idea da permanencia e a durabilidade, o cal garante varios anos de bo estado”. Soto lembra que “o Partido Popular de Foz apoiou este proxecto, votou a favor na pasada comisión de asuntos de pleno e agradece o compromiso da Consellería de Medio Rural cos concellos e coas nosas parroquias”.
Verónica Soto di: “Nestes últimos anos, con estes fondos arranxáronse estradas na maior parte das parroquias de Foz; esperamos que o equipo de goberno local atenda as reclamacións de moitos veciños do rural que, como os de Villaronte, se queixan do mal estado dos acceso aos núcleos e ás áreas recreativas como a de Fondás, que están imposibles”.


























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



