A Mariña, 26 de febreiro, 2021. Industrias leiteiras como Lactalis ou Reny Picot están obrigando a asinar os novos contratos para a seguinte campaña á baixa, segundo tivemos constancia no Sindicato Labrego Galego. No caso da multinacional gala, resulta un agravio comparativo insultante, xa que mentres en Francia Lactalis pactou subas de prezo coas granxas que lle fornecen, pagando un valor medio en 2020 de 36,9 céntimos; na Galiza segue forzando contratos á baixa, contribuíndo a termos o peor prezo medio do Estado e un dos máis cativos da Unión Europea, que non chega aos 33 céntimos. De feito, temos granxas que están a denunciar unha baixada dun céntimo no prezo do leite para os novos contratos que está a ofrecer Lactalis. Trátase dun feito de extrema gravidade habida conta que esta industria francesa é a principal compradora de leite na Galiza, recollendo máis de 500 millóns de litros de leite por ano a unhas 1.500 explotacións da nosa terra.
No caso de Reny Picot, a depreciación está a ser de medio céntimo, que se pode incrementar dependendo do punto crioscópico do leite, co cal se estarían a penalizar as granxas que teñen as vacas en réxime de pastoreo e, polo tanto, as máis sostibles e respectuosas co entorno.
Esta baixada prodúcese nun difícil contexto para as nosas granxas, no que o prezo dos cereais e, polo tanto, da alimentación animal, se incrementou notablemente nos últimos meses e a nivel internacional, factor que debería repercutir nun aumento do valor do leite en orixe como compensación. Neste senso, resulta indignante que, esta mesma semana, a multinacional distribuidora Lidl veña de anunciar un acordo con Lactalis para subir o prezo do leite, de maneira que o incremento repercuta positivamente nas explotacións francesas, que si poderán compensar o aumento dos seus custes de produción, e que se estean a negociar subas con outras distribuidoras; ao tempo que na Galiza seguen forzando os prezos á baixa.
Para o Sindicato Labrego Galego, Lactalis e outras industrias lácteas poden seguir baixando os prezos a pracer amparadas pola inacción da administración. Á Consellaría de Medio Rural xa non se lle agarda nesta problemática, habida conta que desmantelou a mesa do leite na que os axentes do sector podiamos debater e negociar para tentar chegar a acordos sobre os prezos. Á única esperanza ao respecto tiñámola na Lei da Cadea Alimentaria, que obriga a que se cubran os custes de produción no valor en orixe das producións agrogandeiras, pero o Ministerio de Agricultura segue sen publicar uns índices de referencia de prezos e custes para o sector lácteo, tal e como se comprometera, favorecendo un baleiro legal no que as industrias seguen a impoñer as súas condicións draconianas no mercado lácteo.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



