A Mariña, 1 de marzo de 2021. A Garda Civil, no marco da operación Thorir contra o tráfico de estupefacientes, desarticulou unha rede de tráfico de drogas, integrada na súa maioría por cidadáns residentes na Mariña lucense.
A operación iniciouse tras ter coñecemento que servizos de prostitución na zona poderían estar vinculados ao consumo de estupefacientes e ao tráfico ilícito destas drogas.
Tras a análise de movementos de persoas vinculadas á distribución de estupefacientes durante o confinamento do COVID19, nos que se detectou que se saltaban as ordes de confinamento sen razóns nin causas xustificativas para a súa saída, intensificando a súa actividade ilícita no momento da desescalada, ata tal punto que se fornecían de provincias como Guipuzcoa, de onde procedía a partida máis cuantiosa que precipitou a explotación da operación.
Tras varios meses de investigación, logrouse identificar aos principais integrantes da rede que foron finalmente detidos e privados dos beneficios do tráfico ilícito.
Así, coordinados co Xulgado de Instrución dous de Mondoñedo, concretouse a primeira detención, un veciño de Eibar (Guipuzcoa) de 41 anos de idade, quen se dirixía a Mariña, con seis kgs de hachis, perfectamente ocultos na roda de reposto do turismo no que viaxa con tres das súas fillas menores, a fin de ocultar a natureza ilícita da viaxe ante un posible control “covid”.
Para detectar e acceder ao estupefaciente foi necesario un exhaustivo rexistro do vehículo, no que participou o Servizo Cinolóxico da Garda Civil.
A persoa detida contaba coa colaboración dos presuntos destinatarios, os cales varrían a zona ao obxecto de detectar presenza policial nas entradas ás localidades da Mariña, indicando os mellores días para acceder á comunidade autónoma e descartando nos que se sucederon controis na autovía A-8.
Na fase de explotación procedeuse á detención dun veciño de Foz, de 36 anos de idade, presunto destinatario para a súa distribución do estupefaciente intervido e quen se encargaba das contra-vixilancias policiais.
Tras estas detencións realizouse un rexistro na vivenda deste último no que se atoparon máis substancias das mesmas características aprehendidas na actuación inicial e diñeiro presuntamente procedente do enriquecemento ilícito.
Nunha segunda fase procedeuse á detención de dous veciños de Foz, de 40 e de 42 anos e un veciño de Barreiros (Lugo) de 43 anos.
No caso destes dous últimos fóronlles intervidos cocaína e haxix, dispostos para a venda, achados tanto no momento da súa detención como nos dous rexistros levados a cabo nas localidades de Foz e Barreiros.
Precisamente un dos domicilios de Foz era compartido por estas dúas persoas como lugar de seguridade, achándose no rocho o lugar para a pesada, corte e distribución en dose.
Na fase final da operación procedeuse a imputar en calidade de investigado a un veciño de La Caridad (Asturias) de 33 anos de idade, por participar presuntamente nun delito de coaccións, ao compartir cos outros acusados un episodio para recuperar diñeiro procedente do tráfico de drogas e servizos de prostitución.
Tras ser postos a disposición xudicial decretouse o ingreso en prisión de catro dos investigados, dando por finalizada esta operación contra o tráfico de drogas na Mariña Lucense.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



