Viveiro, 28 de marzo, 2021. Nos últimos anos vimos como se agravaba o proceso de concentración e centralización bancaria, con graves consecuencias para Galiza. A crise financeira que estoura no ano 2008, no lugar de supoñer un cambio para reforzar a transparencia, a intervención e o control público para evitar novas burbullas financeiras, supuxo todo o contrario. Ademais do rescate bancario con fondos públicos (que non se recuperou, pois o propio Banco de España dá por perdidos máis de 42.000 millóns de euros) as medidas daquela impulsadas no ámbito do Estado español por parte de PP e PSOE supuxeron unha reestruturación que avanzou na concentración do sector, na destrución e precarización de emprego e no empeoramento dos servizos e das condicións para particulares e para pequenas e medianas empresas, impoñendo comisións abusivas, mantendo unha política comercial agresiva de colocación de produtos moitas veces dubidosos ou dificultando o acceso a crédito.
Este proceso, sostido no tempo, tivo ademais como consecuencia en Galiza a privatización e bancarización das antigas caixas de aforros e unha progresiva perda de galeguidade do sector financeiro que ten como un dos feitos recentes máis importantes a venda do Banco Popular ao Santander polo ridículo prezo dun euro no ano 2017. A perda de músculo financeiro de Galiza foi analizada polo nacionalismo galego como un dos principais problemas do noso país, con graves consecuencias no tecido económico e produtivo.
Desde o BNG seguimos defendendo que a alternativa a esta situación pasa necesariamente por medidas estruturais para regular o sector financeiro para limitar a especulación e subordinar a actividade financeira ás necesidades socioeconómicas do noso país. Para iso, apostamos polo impulso á banca pública galega e novas fórmulas de participación pública, reformulando os instrumentos de crédito e adoptando as medidas necesarias para que o aforro galego reverta en crédito e investimento no noso país.
Galiza ten hoxe uns índices de concentración superiores á media estatal e europea e as entidades aproveitan isto para pactar condicións e reducir progresivamente a rede de oficinas ao tempo que empeoran as condicións, buscando o máximo beneficio económico a costa das persoas consumidoras e das e dos traballadores, que sofren constantes ERE e precarizacións. Coa irrupción da pandemia do coronavirus a cobiza das entidades vai a máis e empregan o coronavirus coartada para seguir adiante cunha folla de ruta de olipolización orquestrada tamén a nivel europeo e internacional.
Nestes meses vimos, por exemplo, como no medio do Estado de Alarma, no mes de marzo de 2020, Abanca incrementaba de forma substancial as súas comisións e cambiaba as condicións, motivo que no noso país levou a protestas e concentracións. Nos primeiros meses de 2021 estamos vendo como diversas entidades volven incrementar as comisións. Nestes meses de pandemia vimos tamén como as entidades pecharon oficinas definitiva ou temporalmente, no lugar de ampliaren horarios e persoal por mor da crise sanitaria. Así mesmo, contradicindo as normas de competencia as entidades pactaron horarios de caixa obrigando ás e aos usuarios a ir nas primeiras horas da mañá. Nalgúns casos, como é o do Banco Santander, é xa imposible pasar diante dunha sucursal sen ver enormes colas que non se explican pola limitación de aforo senón polo abuso na prestación de servizos e a falta de persoal.
A pandemia está a ser tamén unha coartada para obrigar á clientela, con independencia das súas condicións ou habilidades persoais, a empregar a banca virtual, abusando especialmente das persoas maiores ao convertelas en vulnerábeis financeiramente ao obrigalos practicamente a que terceiras persoas xestionen as súas contas. A gota que colmou o vaso foi a campaña publicitaria que Abanca tivo que retirar por presión social ao “convidar” aos noso maiores a empregar este soporte da mesma maneira que ven as e os netos na tableta. A campaña é só a punta do iceberg do que está acontecendo e do desamparo que sofren as e os consumidores, especialmente os máis maiores e as persoas con peores situacións económicas, que non son clientes interesantes para as entidades, que buscan elimitalos. O feito de Abanca retirar a campaña non está a supoñer un cambio no modus operandi desta ou doutras entidades.
Nesta nova crise estamos asistindo a unha nova fase de fusións na que se está a dar un novo aumento da concentración bancaria e redución da oferta. Esta vía é alentada por parte de organismos internacionais como o Banco Central Europeo (BCE) situando as fusións como urxentes diante dos danos “estruturais” da pandemia, o que amosa o fracaso do anterior rescate e das medidas impulsadas e que estamos nun momento de cambio que trae máis abusos, máis perda de oficinas, máis destrución de emprego e un empeoramento global da atención e das condicións.
Esta grave situación fai necesaria unha ampla resposta social e política ante a inacción do goberno central, de quen depende a regulación bancaria, ou do goberno da Xunta, que ten competencias exclusivas en materia de consumo que non emprega.
Por todos estes motivos, o Pleno do Concello de Viveiro adopta os seguintes acordos:
1.Instar ao goberno central a desenvolver as mudanzas oportunas no ámbito da regulación do sector bancario para poñer freo ás consecuencias do aumento da concentración bancaria, do incumprimento das normas de competencia e do agravamento da exclusión financeira, concretamente para dar resposta á escalada de abusos bancarios en materia de restricción de servizos, pacto de horarios para limitar os servizos de caixa, incremento de comisións e reducións drásticas de de oficinas e persoal.
2.Instar a Xunta de Galiza a desenvolver as súas competencias exclusivas en materia de consumo impulsando, ao abeiro do Instituto Galego de Consumo e da Competencias campañas colectivas de reclamacións bancarias, información ás persoas consumidoras e estudos propios sobre a vulneración dos seus dereitos.
3.Expresar o apoio da Corporación Municipal ás xustas reivindicacións das traballadoras e traballadores da banca en defensa dos postos de traballo e do mantemento dos servizos financeiros básicos no territorio galego e dirixirse ás entidades bancarias do concello para demandar o mantemento dos servizos.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



