Lugo, 30 de marzo de 2021. O presidente da Deputación, o socialista José Tomé, e os membros do seu grupo demostraron na sesión plenaria celebrada esta mañá pola corporación provincial que prefiren defender os intereses de partido e do Goberno de Pedro Sánchez que apoiar as reivindicacións dos veciños de Lugo. Os deputados socialistas e nacionalistas votaron en contra do plan proposto polo PP para a mellora das moi deficientes estradas provinciais, cuxa reparación reclaman as asociacións veciñais dende o norte ao sur de Lugo. O portavoz provincial, Javier Castiñeira, ao final da sesión, resumiu: “Lamentamos as evasivas do presidente da Deputación en propostas importantes presentadas polo Partido Popular, unha delas para elaborar e executar un plan de estradas para corrixir o mal estado das vías provinciais, que dependen do señor Tomé, porque, ademais de presidente é o delegado de Vías e Obras, que non quixo entrar no debate e mandou recados por mensaxeiro; deixou claro que non asume as responsabilidades que lle corresponden”.
A proposta popular para un plan de estradas defendeuna o deputado José Ángel Santos, alcalde de Friol, que tamén demandou a elaboración dun plan de traballo da maquinaria do parque provincial, porque, segundo puxo de manifesto, hai concellos que non viron estas máquinas dende o principio do actual mandato. Asegurou que a Deputación ten a rede de estradas en peor estado de toda a Administración española. Destacou o uso arbitrario que fai a Deputación das súas máquinas e indicou que no concello de Monforte, do que é alcalde José Tomé, hai un equipo permanentemente. Santos ofreceu a colaboración do PP para a elaboración do plan que solicita, dado que, segundo dixo, teme que socialistas e nacionalistas non se sintan capaces de deseñar e desenvolver tal documento.
O popular Santos invitou ao presidente da Deputación e delegado de Vías e Obras a recorrer a provincia para coñecer a súa realidade, para que poida comprobar que é preciso intervir decididamente nesta rede, para que Lugo dispoña de vías de comunicación que posibiliten o seu desenvolvemento económico. O mesmo representante popular dixo que, á vista dos resultados, Tomé móstrase incompetente como delegado de Vías e Obras. Asegurou que o goberno da Deputación non ten proxecto para a provincia.
Noutro orde de cousas, o PP fixo, por boca do deputado Óscar Poy, unha firme defensa da autonomía local no debate da moción presentada polo grupo socialista en relación coa situación do colexio de Begonte. Acusou ao goberno provincial de incapacidade para traballar con outras administracións e instou ao PSOE e ao BNG a deixar de facer demagoxia e a apearse do recurso a posverdade e ao insulto.
Os populares, por outra parte, intentaron sen éxito que a Deputación apoiase directamente o acordo unánime adoptado no Concello de Cospeito para reclamar a intervención na Torre de Caldaloba, unha parte do patrimonio histórico da provincia que se atopa moi deteriorado. O veterano deputado popular Agustín Baamonde intentou que a Deputación reforzase á decisión adoptada no Concello; nun punto dese acordo se decidiu solicitar da Xunta que cumpra o compromiso acadado na recente visita da titular da Dirección Xeral de Patrimonio. O goberno provincial non aceptou a emenda do PP e mantivo a súa proposta inicial. Os populares, por boca de Baamonde, expresaron con firmeza o seu apoio a posta en valor da torre.
O grupo popular apoiou a iniciativa presentada no pleno desta mañá para solicitar a creación da autoridade portuaria de San Cibrao, segregándoa da actual Ferrol-San Cibrao, así como a liberalización e apertura ao tráfico comercial do dique norte de San Cibrao. O deputado José Jesús Novo fixo unha documentada defensa da posición popular e, aínda que o orde dos puntos sometidos a acordo non convencía ao PP, dada a importancia do asunto para a provincia, os populares votaron a favor.



















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



