A Fonsagrada, 29 de marzo de 2021. O voceiro do PP de A Fonsagrada, José Regueiro, alerta de que o mal funcionamento da nova depuradora provoca que augas residuais “teoricamente limpas” desemboquen en fincas de particulares, co conseguinte risco que isto supón para a salubridade dos veciños e incluso para o mantemento de infraestruturas viarias que tamén se ven afectadas co aumento do caudal cando chove.
Son auguas residuais da depuradora que se unen con aguas pluviais xa que a tagea era para recollida de augas da chuvia
Os populares precisan que, dende a recente construción desta dotación, localizada na estrada LU-721, conectouse a súa saída á gabia da estrada, co fin de recoller as augas da chuvia, causando con elo mal olor e acumulación de residuos.
Ademais, a presión coa que discorren as augas residuais, ocasionou a súa filtración entre as pedras, deteriorando con elo a estrutura da estrada. Tal é así que, ao non estar canalizado, a ruta de sendeirismo do lugar e a vía que une Fornos de Cal con Aula Verde anegáronse en diversas ocasións.
Por outra banda, “e froito da nula xestión do goberno local”, o Concello, malia non haber ningún núcleo de poboación próximo, ten instalado un colector de residuos orgánicos nas inmediacións da depuradora, “o que incrementa aínda máis, precisa Regueiro, o risco medioambiental e sanitario”.
Petición directa ao alcalde
“Estas aguas desembocan en ríos do que, probablemente, se serven varios núcleos para consumo e outros usos. Por iso, lle pedimos ao alcalde que tome nota da situación e emprenda as xestións que sexan oportunas para corrixir a inseguridade que xera o funcionamento dunha dotación que, malia levar pouco tempo funcionando, xa esixe un acondicionamento e mellor mantemento”. E é que, segundo advirte o popular, “esta situación deixa entrever que a depuradora non procesa a auga correctamente”. “Isto é un total desgoberno que chega ata o punto de ser un perigo para o medio ambiente e a saúde das persoas”, conclúe.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


