Santiago de Compostela, 21 de abril de 2021. O Parlamento galego vén de aprobar por unanimidade a iniciativa socialista para oficializar o Camiño do Mar, logo de “11 anos de inacción e esquecemento” da Xunta. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Turismo do Parlamento.
A deputada socialista mariñesa Patricia Otero denunciou o desleixo do goberno galego cando “hai máis dunha década que se aprobou nesta Cámara, por unanimidade, unha iniciativa do Grupo Parlamentario Popular, na que se reclamaba ao goberno da Xunta oficializar o Camiño do Mar como ruta xacobea”. Malia isto, censurou, dende entón “non se fixo nada”, o que presupón o “nulo compromiso” e a “falla de vontade política” da Xunta con este trazado.
Otero lamentou que a pesares do traballo de divulgación levado a cabo por asociacións históricas, turísticas, de veciños ou de comerciantes e pola Asociación de Amigos do Camiño na provincia de Lugo, así como das reclamacións efectuadas polos alcaldes e alcaldesas da Mariña ao longo destes 11 anos, o Camiño do Mar “segue sen ser recoñecido de xeito oficial”.
Neste senso, sinalou que “chama a atención que quede excluído da ruta xacobea cando o seu trazado, entre Ribadeo e Neda, o convertía no punto de unión entre outros dous camiños xa recoñecidos: o do Norte e o Inglés”. Ademais, destacou, “do seu percorrido entre Ribadeo e Cedeira consérvanse case que a totalidade dos establecementos hospitalarios de atención aos viaxeiros, como os hospitais de Ribadeo, San Martiño, Cervo, Celeiro, ou Santiago de Viveiro.”
Tendo en conta o “especial impacto da covid na Mariña”, subliñou a responsable socialista, “é máis urxente ca nunca” facer “unha aposta decidida de recuperación económica de todos os sectores produtivos” e “dun xeito moi especial, dun turismo moi golpeado polas limitacións impostas debido ás necesidades sanitarias”. Así, lembrou que “algúns establecementos da zona viron reducida a súa actividade, en 2020, ata un 75%”.
Por todo isto, Otero urxiu impulsar o Camiño do Mar para relanzar a actividade turística “que representa un papel determinante na dinamización económica” desta comarca cando ademais a ruta xa está “argumentada, fundamentada e documentada”.
TEXTO APROBADO POR UNANIMIDADE:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a recoñecer o carácter oficial da ruta xacobea coñecida como Camiño do Mar, que discorre polas vilas lucenses de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo e prosigue pola provincia da Coruña, vía Mañón, Cariño, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño, Narón ata Neda, e o inclúa en todas as accións de promoción turística, divulgación e reactivación económica ligadas á celebración do ano Xacobeo 2021-2022.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



