Lugo, 13 de abril de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o alcalde de San Tirso de Abres, Clemente Martínez, mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo para avanzar en varios proxectos de interese para este concello asturiano que son competencia da unidade de Estradas da provincia de Lugo. Na reunión, que tivo lugar na Subdelegación do Goberno, tamén participaron a xefa da unidade de Estradas, Beatriz González, e o segundo tenente de alcalde de San Tirso de Abres, Fernando Asenjo.
A subdelegada e o alcalde anunciaron que se acordou a cesión ao municipio dun treito da antiga N-640 á altura do núcleo de Foxas, que se tramitará para facela efectiva en canto o Concello presente oficialmente a solicitude.
O alcalde interesouse, tamén, pola posibilidade de que o paso da senda verde do ferrocarril discorra por debaixo da devandita vía. Ao respecto informouse de que a unidade de Estradas está disposta a autorizar que se realice ese proxecto previa solicitude polo Concello.
Ademais, abordáronse outras melloras nas comunicacións deste municipio como poden ser a construción de dúas rotondas de acceso a San Tirso de Abres na N-640. Para unha delas, na saída da localidade en dirección cara Ribadeo, xa está redactado o proxecto e anunciouse que se executará tan pronto o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.
Na xuntanza, o alcalde tamén plantexou a posibilidade de crear unha segunda rotonda no acceso a San Tirso desde Lugo. En relación con esta proposta, acordouse que se porán en marcha os estudos necesarios para determinar a súa viabilidade.


























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



