Barreiros, 8 de abril de 2021. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de anunciar que o Concello de Barreiros realizará un investimento de máis de 90.000 euros en obras de mellora e humanización da rúa de baixada ao centro social de San Cosme.
Coa execución destas obras preténdese dotar ao centro de San Cosme dunha zona máis humana, na que as persoas teñan espazo seguro por onde camiñar; ampliando as beirarrúas e instalando mobiliario urbano que converta a rúa nunha zona urbana atractiva para o seu uso pola veciñanza.
A alcaldesa explica que se trata dun proxecto humilde, pero que se insire no obxectivo de que os núcleos de poboación sexan polos nos que desenvolver vida e no que as persoas estean no centro. A rúa que baixa ao centro social, onde ademais tamén se atopa o centro de saúde, dá ademais acceso ao colexio de primaria e á escola infantil e está situada no centro da parroquia con todos os servizos ao seu carón.
Ana Ermida sinalou que se están facendo “pequenas actuacións coas que se pretende dotar a San Cosme dun centro urbano de uso para as persoas, xa que ás obras que se levarán a cabo nesta rúa, súmanse as que se realizarán no Teleclub, xunto coa habilitación do parque de skate e á instalación dunha zona de ocio a carón do colexio público.” A alcaldesa manifesta que se trata de “converter os cascos urbanos en espazos seguros e atractivos para fomentar a socialización e a dinamización, neste caso, de San Cosme.”
Para o finanzamento de ditas obras, o Concello de Barreiros conseguiu unha subvención da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio por un importe de 64.110,45 €, nunha convocatoria de axudas non competitivas que se concedían por orde de entrada, ao tela solicitado ás 00:08 do mesmo día que se abría o prazo para a solicitude; esgotándose o crédito ás 00:09:45 e quedando sen axuda todas as solicitudes posteriores.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



