Ribadeo, 13 de maio, 2021. No 10º aniversario do movemento de indignación 15M, as eleccións celebradas o pasado 4 de maio á Asemblea de Madrid certificaron o fin da ‘nova política’. Pero o certo é que case un ano antes, o 12 de xullo de 2020, o resultado das eleccións autonómicas galegas xa anticiparan o seu final.
Galicia foi precursora no xurdimento da ‘nova política’ na esquerda, no espazo de dereitas non chegou nin a existir, e de igual xeito foi precursora na súa desaparición tras varios anos dun proceso de degradación continua.
A Saída da Encrucillada. Epitafio para a ‘nova política’ en Galicia no marco da pandemia antidemocrática; aborda as contradicións de nacemento, incluídos erros tácticos e apostas estratéxicas, que determinaron a (auto) destrución das novas estruturas de intervención política nun breve período de tres anos, como antesala do que posteriormente está a ocorrer a nivel estatal.
Con esta nova publicación Xoán Hermida pecha a súa triloxía dedicada a analizar a influencia en Galicia do que se deu en chamar ‘nova política’. Se (Re)construír a esquerda nacional (ObenComún, 2013) abordaba o proceso de xestación de AGE como primeira experimentación tras a ruptura da estrutura de partidos existente desde o final da transición, e Galicia na encrucillada da nova política (Galaxia, 2018) analizaba todo o proceso de desenvolvemento das novas estruturas de intervención política nunha nova etapa impulsada polos movementos sociais, este último titulo aborda o fracaso político de En Marea a calor das contradicións internas e as limitacións estruturais da chamada ‘nova política’.
A Saída da Encrucillada é o quinto titulo publicado polo foro de renovación política OBenComún e é o cuarto libro de autor de Xoán Hermida. O libro está prologado por Joám Lopes Facal.
A presentación do libro será o luns 17 de maio ás 18,00 horas na feira de libro Letras no Campo de Ribadeo na que o autor estará acompañado por Ica Nistal.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



