Burela, a 2 de xullo de 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Burela, Manuel Rouco, considera que “o señor Llano trouxo para o seu debate no pleno o orzamento máis represivo dos últimos anos para Burela: uns 7.070.000 euros cando o ano pasado aprobou unha contía presupostaria duns 7.300.000 euros e o anterior, no ano 2019, 7.440.000 euros”.
Os populares sinalan que “o descenso é máis que evidente”. A este respecto, explican que “conforme pasa o tempo, Burela vai diminuíndo o seu presupostos paulatinamente; cando noutros concellos da nosa contorna se incrementa de forma significativa con contías duns 800.000 euros como poden ser o caso de Ribadeo ou o de Foz, este último tamén gobernado polo PSOE”.
Rouco considera que “os apenas 75.000 euros en inversións reais que presenta para Burela o señor Llano rozan o ridículo”.
Dende o Grupo Municipal Popular vén “un claro paralelismo entre o descenso das contías presupostarias de Burela e o continuo peche de negocios na nosa vila cando noutras non paran de abrirse negocios”.
Os populares denuncian “a necesaria complicidade do BNG, unha vez máis” que foi “máis que evidente para sacar adiante o presuposto municipal. Convértese así nun mero apéndice do PSOE burelés”.
O portavoz popular condena “a actitude burlona do señor Llano respecto á situación da nosa vila demostra o pouco ou nada que lle importa Burela. Trátase da actitude propia daquel que se ve seguro de cobrar o seu soldo a fin de mes sen ter q facer ningún tipo de esforzo; moi ao contrario dos numerosos autónomos e pequenos empresarios da nosa vila que día a día teñen que saír á rúa a gañarse a vida”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



