Burela, 26 de xullo, 2021. Sandra Buzón cumprirá a súa segunda tempada no Pescados Rubén Burela FS. A meta santanderina, de 24 anos, convértese na primeira renovación das campioas de Supercopa, Copa e Liga sumándose a Leti, Ale de Paz, Jenny Santos e Cilene, con contrato en vigor, e coa chegada das internacionais Irene Samper e Elenita.
“Foi unha tempada perfecta; grupalmente cumprimos todos os obxectivos e persoalmente foi un gran ano de adaptación, para formar parte dun gran bloque e de estar ao máximo nivel para competir coa miña compañeira de portería”, facía así balance a Guerreira, que volverá defender o 4 laranxa con ganas de traballo e de ter cada vez máis presenza tras o seu excelente primeiro ano na Mariña: “O Pescados Rubén Burela volverá ter un equipazo para optar e pelexar por todo. Espero seguir medrando, aprendendo e poder disputar cada vez máis minutos”.
A cántabra tamén falou das súas primeiras impresións sobre o calendario, que arrincará o 18 de setembro en Vista Alegre: “A priori os retos máis desafiantes preséntanse na primeira e última xornadas, con Melilla e Futsi, e iso fará a liga máis emocionante. Teño moitas ganas de disputar os novos formatos competitivos que se presentan en Supercopa ou play off e confío en que poidamos ir sentindo aos poucos a calor do público que nos faltou a tempada pasada debido ao Covid” explicaba Sandra.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.


