Chantada, 31 de agosto de 2021. A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, esíxelle ao presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e tamén secretario de organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, “que dea explicacións sobre o baixo nivel de auga encorada en Belesar que se atopa por debaixo do 30% da súa capacidade máxima”. Acusa ao dirixente do organismo de conca e número 2 de Gonzalo Caballero de “irresponsable” por permitir un nivel tan baixo das reservas de auga na Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil: “é sorprendente que haxa menos agua encorada que na conca do Xúcar”.
“Os niveis son alarmantes para esta época do ano tendo en conta que o ano pasado non alcanzou eses niveis ata finais de outubro coa mesma cantidade de choiva caída que este ano”, advertiu hoxe durante unha visita ao encoro ao seu paso polo termo municipal de Chantada acompañada polo alcalde da localidade e senador, Manuel Varela; entre outros alcaldes e portavoces dos municipios afectados.
Candia trasladou a preocupación dos alcaldes e veciños -que son tamén veciños do responsable da CHMS- pola “drástica baixada das reservas de auga” desta presa de abastecemento e aproveitamento hidroeléctrico. Explicou que “hai que manter un nivel mínimo para protexer a flora e a fauna; manter a actividade turística e recreativa; a pesca; e para non comprometer a dispoñibilidade de auga para o abastecemento da zona e como recurso en caso de incendio”. A mandataria lembrou que xa no mes de xuño varios alcaldes manifestaron a súa desconformidade co baleirado do encoro que dificulta o desenvolvemento das actividades dos clubs náuticos coma o de Taboada ou Portomarín.
Candia especificou que “só os encoros galegos que dependen do Goberno central se están a baleirar de xeito tan alarmante. Os xestionados pola Xunta, os da Demarcación Galicia-Costa, sitúanse en torno ao 65% de ocupación”. Polo tanto, a mandataria popular cre “ten que haber unha explicación” e agarda que “o número 2 de Gonzalo Caballero aclare as circunstancias nas que se produciu o baleirado da auga encorada e con que xustificación”.
A presidenta dos populares lucenses condena “a súa nefasta xestión como responsable de vixiar os encoros do Estado en Galicia” e cre que “está máis preocupado por atacar aos rivais internos do secretario xeral dos socialistas galegos que polo seu deber de control medioambiental”.
Actuacións da Xunta
A Xunta xa se dirixiu tanto ao Ministerio de Transición Ecolóxica coma á CHMS para trasladarlles a súa preocupación e esixirlles que tomen as medidas oportunas para evitar este tipo de situacións. “O Goberno galego realiza controis estritos para garantir que o aproveitamento hidroeléctrico sexa compatible co abastecemento e a preservación dos valores ambientais”, sinalou Candia que insiste na necesidade de que “o Goberno de Sánchez e a CHMS revisen as normas de explotación das presas de cara a concretar un nivel mínimo de explotación atendendo ao actual contexto de cambio climático”.
Iniciativas dos populares no Parlamento, no Congreso e no Senado
O Grupo Popular no Parlamento galego anunciou recentemente unha iniciativa dirixida a requirir do Ministerio para a Transición Ecolóxica e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que aclare as circunstancias nas que se produciu o baleirado dos encoros da súa competencia en Galicia.
Tamén os representantes do PP da provincia de Lugo no Congreso e no Senado teñen amosado a súa preocupación pola situación dos embalses da CHMS. Así, os senadores lucenses rexistraban a pasada semana preguntas para coñecer por que o Goberno central está a autorizar os baleirados nos encoros da demarcación hidrolóxica Miño-Sil e con que obxectivo, as medidas adoptadas para evitar os baleirados masivos e se tivo en conta que podían afectar á cidadanía, ás poboacións piscícolas e/ou á biodiversidade que depende destas masas de auga.
Os deputados das provincias de Lugo e Ourense tamén anunciaban a solicitude de comparecencia na Comisión de Transición Ecolóxica e do Reto Demográfico do Secretario de Estado de Medio Ambiente para informar das actuacións de control e investigación realizadas polo MITECO en relación coa situación creada este verán polo drástico baleirado de encoros da CHMS por parte de empresas concesionarias de aproveitamentos hidroeléctricos con explicación de se se excederon os límites de desembalse para turbinación que lle están permitidos. Tamén demandan información ao Goberno sobre os resultados dos expedientes informativos e das investigacións abertas polo organismo de conca en relación con estes posibles excesos.





















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



