Lugo, 27 de setembro de 2021. A Rede Museística desenvolverá nos vindeiros tres meses un amplo programa artellado ao redor da idea de visibilizar a través da arte a contribución das mulleres do rural á configuración da sociedade.
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, participou esta mañá na presentación do programa, que inclúe diferentes obradoiros e exposicións e que conta coa colaboración de artistas contemporáneas de diferentes disciplinas, así como do Instituto de Estudos Ulloáns.
Maite Ferreiro agradeceu “a colaboración de todas as persoas e colectivos implicados no deseño da programación concebida ao redor do Día das Mulleres Rurais, que se celebra o vindeiro 15 de outubro, pero que trascende a efeméride e que pon as mulleres do rural no centro da actividade creativa ao tempo que recoñece a súa contribución á sociedade en todos os eidos, desde o económico ata o social e cultural.
A programación artéllase ao redor de tres proxectos:
“Recolectoras” Memoria e Terra.
No marco deste proxecto, catro artistas de distintas disciplinas – Ana Gesto, performance; María Gar, artista gráfica e instalativa, Isabell Seidel, pintora e Andrea Torres, escultora – percorrerán os concellos do rural para “conversar a partir da arte contemporánea coas mulleres que configuran o seu territorio e a súa memoria” e crear, a partir desa experiencia compartida, distintas propostas artísticas.
Os obradoiros de creación que se desenvolverán durante os meses de outubro e novembro porán en primeiro plano a contribución das mulleres ao coidado, entendido de forma transversal, como coidado das persoas pero tamén da contorna natural e do patrimonio material ou inmaterial, e tamén outros temas relacionados de cheo co rural como a despoboación dos concellos rurais, a reivindicación do sector agrario como base económica da nosa sociedade e a importancia dos nosos espazos naturais, ademais de visibilizar o traballo de mulleres artistas e propiciar o achegamento á arte contemporánea.
Os resultados mostraranse nunha exposición colectiva que se inaugurará a comezos de decembro e na que se amosarán as propias creacións, mais tamén os relatos que as inspiraron, o proceso de formalización e as persoas que se agochan tras delas.
A Ulloa. Fotografías centrípetas.
O 15 de outubro inagurarase na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos a exposición de fotografía colectiva “A Ulloa. Fotografías centrípetas”, que pon en diálogo diferentes olladas de mulleres vencelladas á Ulloa sobre o seu territorio.
A mostra, comisariada por Susana Varela e Patricia Coucheiro ao abeiro do Instituto de Estudos Ulloáns, inclúe así imaxes que parten dunha reflexión, crítica ou posta en valor dalgún aspecto relacionado coa comarca e que testemuñan o autorecoñecemento nas problématicas e riquezas qeu o propio territorio ofrece aos seus habitantes.
Proximidade llunyana
Baixo este epigrafe, enmárcase un proxecto que ten como obxectivo reunir fotografías e relatos relacionados coa migración das mulleres do rural a Catalunya durante o século XX, especialmente á provincia de Barcelona.
A xerente da Rede Museística, Encarna Lago, sinalou que a programación pretende visibilizar a través da arte os relatos das mulleres, habitualmente invisibilizados e afastados dos espazos de creación contemporánea, dando continuidade ao traballo que se ven desenvolvendo desde os museos provinciais, que manteñen unha actividade de escoita e colaboración permanente coa comunidade.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



