Compostela, 21 de setembro, 2021. A Xunta tramita dous aproveitamentos hidrieléctricos nos “lagos” das Pontes e Meirama. Turbinar o caudal de dúas macrobalsas mineiras ameza a vida dos ríos e a calidade do subministro, e só pretende seguir a engordar os beneficios das eléctricas…
A Xunta interpreta a lei sempre en beneficio das electricas
O vixente Plano hidrolóxico Galiza-costa estableceu (art. 44) o ponto final para os novos aproveitamentos hidroeléctricos que supuxeran implantar novos obstáculos transversais nos leitos ou que comprometeran a continuidade lonxitudinal fluvial. Os proxectos de centrais que tramita Augas para os mal chamados “lagos” de Meirama e As Pontes (en realidade balsas mineiras) semella que non precisarán da construción de novas barraxes.
Porén, si será preciso construir as tubaxes de presión e as propias centrais augas abaixo a carón dos ríos, alterando as marxes e modificando os reximes hídricos naturais das bacías ao ritmo que marquen as promotoras. Asemade, a orde de preferenza do usos da auga establecidos no art. 4 do vixente Plano hidrolóxico establece que o abastecemento da poboación, os usos ambientais e os agrícolas están por riba dos usos industriais para producir enerxía eléctrica.
O risco de turbinar as augas de dúas balsas mineiras
A calidade das augas de balsas mineira como as de Meirama e As Pontes non son asimilábeis ás dun lago natural, nen sequera ás dun encoro. Presentan en determinadas zonas unha alta acidez e unha importante cantidade de metais pesados (particularmente arsénico, no caso das Pontes e níquel no de Meirama) debido á natureza das rochas das entulleiras ademais dunha baixa concentración de osíxeno.
Alén disto, tanto no caso da balsa de Meirama como na das Pontes, augas abaixo sitúanse dous espazos naturais protexidos, a ZEC Encoro de Cecebre e o Parque Natural das Fragas do Eume. Non se pode pretender que as oscilacións dos caudais polo réxime de turbinado non alteren a dinámica natural dos ríos e dos espazos protexidos nos que desaugan, alén dos contaminantes que poidan mobilizarse dende as balsas, como recén vimos de ver no Eume.
Do río Eume e do encoro de Cecebre abastécense tamén unha importante poboación, incluíndo toda a área metropolitana da Coruña.
Antepoñer os intereses das eléctricas poñendo en risco a salubridade do subministro é algo ao que, como de cotío vemos no Eume, a Xunta xa nos ten acostumados/as.
Xogo de trileiros cos recursos públicos
Con estes proxectos, tanto para As Pontes como para Meirama, dase un curioso fenómeno: logo de explotar as concesións públicas de recursos mineiros durante décadas, desfacendo o territorio e contaminando a cano libre coas súas térmicas, esgótase o carbón e pechan as minas. As concesionarias realizan unha restauración “low cost” enchendo de auga os ocos mineiros mediante, de novo, un uso privativo dun recurso público: as augas dos ríos que quedaron nas bacías estragadas. Véndennos esas “restauracións” como modélicas ao convertir dúas balsas mineiras en lagos co beneplácito da Xunta. E finalmente ao reverter ao dominio público os territorios “recuperados”, aparecen novos proxectos nas mesmas áreas xa asoballadas.
É ou non é Galiza un paraíso para “emprendedores”?



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



