O Valadouro, 3 de setembro 2021. A raíz do acordo asinado a finais de xullo entre Psoe e Bng, no pleno de ontes efectivizouse a entrada dos nacionalistas no goberno municipal, no que Eduardo Chao será o 1º tenente alcalde e responsable da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística e Medio Rural e Eliseo Teijeiro será o 3º tenente alcalde e responsable da Concellería de Obras e Deporte.
“Entramos a formar parte do goberno municipal con moitas ganas de traballar polo Valadouro, igual que fixemos no mandato anterior, e ratificando o noso compromiso con todas e todos os veciños do concello” manifestou o portavoz nacionalista Eduardo Chao, que valorou tamén xunto con Eliseo Teijeiro o resultado da votación das dedicacións parciais aos concelleiros do Bng: “A nosoutros non nos move o interés por unha dedicación parcial, a nosoutros preocúpanos o Valadouro e os problemas e as necesidades da súa veciñanza, e ese traballo imos facelo independentemente de se percibimos algún tipo de salario parcial ou non”.
O PP unha vez mais volve a supeditar a súa actuación a oscuros intereses que nada teñen que ver co interés municipal
Os edís nacionalistas referíronse tamén á postura adoptada polo Partido Popular secundada pola concelleira de Udival e mais pola concelleira díscola do Psoe (que o 28 de xullo asinara o acordo de goberno Psoe-Bng) que provocou a non aprobación das dedicacións parciais de concelleiros e alcalde, e neste sentido Eduardo Chao recordou que en xuño de 2011 o BNG, e el concretamente, apoiou que o daquela alcalde electo do PP José Lamela tivera salario. “Nada se pode esperar desta xente, que supedita a súa actuación na política municipal a oscuros intereses, e sobre todo nun partido coma o Partido Popular que navegou e navega sempre moi ben polas cloacas do transfuguismo”, afirmou Chao.
A vida municipal no Concello do Valadouro tén que seguir e o BNG traballará arreo para impulsar novas medidas e programas desde as súas concellerías para mellorar a calidade de vida da veciñanza, remataron afirmando os nacionalistas.



























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



