Santiago de Compostela, 22 de setembro 2021. O BNG propuxo no Parlamento galego que a Xunta realice as xestións oportunas a fin de que as entidades financeiras e prestamistas procedan a comunicar, cando menos aos rexistros administrativos correspondentes, o cambio na titularidade dos bens inmobles que adquiran. O portavoz nacionalista de Xustiza, Iago Tabarés, advertiu na comisión parlamentaria de Administración e Xustiza sobre o “enorme problema” que está a causar a concellos e comunidades de propietarios o feito de que este tipo de entidades adquiran bens inmobles e fincas rústicas sen realizar comunicación algunha ata o momento en que son transmitidas a unha terceira persoa.
Neste sentido, explicou que nos últimos anos entidades financeiras e prestamistas non están comunicando aos rexistros públicos (administrativos e da Propiedade) a adquisición de inmobles froito de transmisións involuntarias, nomeadamente por execucións hipotecarias e procedementos concursais, nun contexto marcado polo incremento da morosidade e do endebedamento.
O deputado nacionalista lembrou que, segundo datos do INE, entre 2016 e 2019 incrementáronse nun 60% os procedementos de execución hipotecaria e, pese a isto, no que atinxe só a fincas rústicas, estas descenderon nun 30%. “Non é razoable pensar que incrementándose a morosidade e medrando as execucións hipotecarias, a transmisión involuntaria das execucións hipotecarias sobre fincas rústicas sufran un descenso tan importante”, alertou, logo de salientar as dificultades que provoca na identificación dos e das verdadeiras propietarias a voluntariedade da inscrición rexistral.
Tabarés explicou que o feito de que os acredores (entidades financeiras e prestamistas ou tamén entidades que mercan créditos) non comuniquen aos rexistros públicos a realidade destas transmisións provoca a imposibilidade de que os concellos localicen ás persoas ás que corresponde cumprir coas obrigas ligadas á propiedade como, por exemplo, a limpeza de parcelas, “co risco de incendios que isto implica”.
“Nos pasados meses de xuño e xullo só en cinco parroquias do Concello de Ourense se atoparon preto de 1.500 fincas sen propietario coñecido cheas de maleza e situadas en zonas con risco de incendio pola súa proximidade a núcleos habitados”, exemplificou, para a continuación subliñar que a limpeza destas parcelas, mediante execución subsidiaria, implicaría un custe superior aos 300.000 euros que habería que repercutir ás e aos “descoñecidos propietarios”.
De igual xeito, salientou que no caso de acometer obras que comprometen a estrutura de inmobles que ameacen ruína, serían exixibles as achegas precisas ás e aos propietarios, “polo que o descoñecemento destes é unha carga que tería que soportar a entidade local”, ao tempo que advertiu sobre a necesidade de reclamar o pago de obrigas fiscais, como o IBI, “que están a eludir estes novos adquirentes”.
O deputado nacionalista apuntou que o problema de identificación na propiedade afecta tamén ás comunidades de propietarios, que teñen que adiantar a parte que lle corresponde ás vivendas de propietarias e propietarios descoñecidos, “véndose na necesidade de iniciar un procedemento xudicial e de anticipar uns custes de incerta recuperación”.
Ante o veto do PP á iniciativa, Tabarés acusou á Xunta de poñer en práctica unha vez máis a súa política de “botar balóns fóra”, escudándose en que as competencias son estatais cando o imposto de transmisións patrimoniais é competencia galega e cando, ademais, podería pactar acordos neste sentido aproveitando os distintos convenios que o Goberno galego asina coas entidades financeiras. “Si que teñen competencias e a capacidade de chegar a acordos con esas entidades á que vostedes tanto subvencionan”, reprobou, para concluír reclamando ao Executivo que exerza as súas responsabilidades para contribuír a solucionar un problema “que existe e que está a causar un prexuízo enorme aos concellos e ás comunidades de propietarios”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



