Viveiro, 01 de setembro de 2021. A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, viulle as orellas ao lobo e, politicamente, quixo botar a correr. Pero, como noutros casos, tamén no caso do control do lobo anda tarde e mal. Así o sinala o portavoz do grupo municipal popular, Óscar Rodríguez, que acusa á alcaldesa de incorrer unha vez máis en graves incoherencias. Neste caso, pide á Xunta medidas para o control do lobo ao mesmo tempo que o Goberno presidido por Pedro Sánchez (PSOE) confirma publicamente a súa intención de conseguir incluílo antes de fin de mes no Listado de Especies Silvestres en Régimen de Protección Especial, o que fará moitísimo máis difícil o control deste animal.
Os populares, que defenderán nos concellos e no Parlamento de Galicia iniciativas contra a inclusión do lobo na Lespre, indican que a alcaldesa de Viveiro vive inmersa na contradición á que está condenada porque, por un lado, nota a presión veciñal polos danos que causa o lobo; por outra parte, está sometida á presión dos grupos ecoloxistas que queren máis protección para esta especie, e, a maiores, o Goberno, socialista, intenta acelerar canto pode a inclusión deste animal na citada listaxe, co que deixará de ser especie cinexética e practicamente non será posible a súa cazade como método de control. Neste sentido, Óscar Rodríguez destaca que mentres María Loureiro solicita á Xunta máis control do lobo, en declaracións a medios de comunicación, o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, expresaba a súa confianza de que a inclusión na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (Lespre) se concrete antes de final do presente mes.
O portavoz popular sinala que non se pediron actuacións concretas por parte de ninguén en canto ao control do lobo en Viveiro, de maneira que os socialistas, que gobernan neste concello, dedícanse a lamentarse pero non se posicionan. Seguramente, di Óscar Rodríguez, o Concello non quere pedir batidas por temor ás críticas dalgúns colectivos ecoloxistas ou conservacionistas; non houbo solicitudes dende 2019.
Rodríguez anima á alcaldesa de Viveiro e a todos os alcaldes socialistas da provincia a sumarse á demanda da Administración autonómica e de numerosos rexedores lucenses ao Goberno de Pedro Sánchez para que renuncie a orde ministerial pola que pretende incluír ao lobo na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial. Só así, sinala o portavoz popular en Viveiro, será posible seguir adoptando medidas eficaces para o control do lobo.






















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



