Ribadeo, 1 de outubro de 2021. A mediados de outubro dará comezo o novo obradoiro de emprego, que lle foi concedido ao Concello de Ribadeo. Denomínase Prepara o teu camiño. Terá unha duración de nove meses e formará a 20 persoas en situación de desemprego maiores de 18 anos. As interesadas xa poden dirixirse á Oficina de Emprego de Ribadeo para poder solicitar a súa participación neste programa.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, declarou que “un novo obradoiro de emprego foi concedido recentemente ao Concello de Ribadeo pola Consellería de Emprego e Igualdade dentro do marco da xestión de Fondos Europeos destinados á formación e á incorporación ao mercado laboral das persoas desempregadas. Este proxecto, que denominamos Prepara o teu camiño, créase coa finalidade de promocionar o Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo. A promoción vai consistir na creación de produtos audiovisuais e multimedia como o deseño dunha aplicación para móbiles para distribución e a comercialización do paquete de servizos e de produtos pensados e deseñados especificamente para os peregrinos, denominado Ribadeo prepara o teu camiño, que se verá complementada cunha páxina web e co desenvolvemento tamén de produtos audiovisuais”.
O edil ribadense explicou que “as actividades darán comezo a mediados de outubro e terán unha duración de nove meses, polo que o Concello de Ribadeo realizará a contratación de 23 persoas, concretamente 20 para os postos de traballo de alumnado-traballador, 2 para o traballo docente e 1 posto para o persoal de dirección e coordinación do obradoiro. Impartiranse as materias especificas dos certificados de profesionalidade de desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos e de xestión de márketing e comunicación. O alumnado que se seleccione recibirá, por unha banda, formación teórica e por outro lado será combinada tamén con formación práctica e profesional para acadar os obxectivos que nos marcamos neste obradoiro”.
Vizoso Galdo engadiu que “o proxecto vai permitir que 20 persoas, que actualmente están en situación de desemprego e que son maiores de 18 anos, adquiran formación e destrezas profesionais para incrementar no futuro as súas posibilidades de acceso, en mellores condicións, ao mercado laboral. Ao tratarse as dúas especialidades impartidas de certificados de profesionalidade de nivel 3, os alumnos e alumnas deberán contar cun nivel formativo mínimo de acceso equivalente a bacharelato, ciclo medio, ciclo superior ou similar, ou ben ter superadas as probas de competencias clave do nivel 3. Polo tanto, aquelas persoas que estean interesadas en formar parte deste novo obradoiro deberán dirixirse á Oficina de Emprego de Ribadeo para poder solicitar a súa participación na selección deste programa”.























O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



