Lourenzá, 6 de outubro de 2021. O recinto feiral de Vilanova de Lourenzá acollerá este domingo, día 10 de outubro, concursos morfolóxicos, exposición e carreiras de cabalos de pura raza galega. Estas actividades están organizadas polo Concello de Lourenzá en colaboración coa Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA).
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anunciou que “este domingo, 10 de outubro, o Concello de Lourenzá e PURAGA van celebrar no recinto feiral o primeiro concurso morfolóxico oficial de cabalos de pura raza galega e tamén unha exposición cabalar. Ademais do concurso de cabalos, eguas e poldros, haberá carreiras de cabalos do país de andadura serrada e chapeada. Esta xornada estará animada polo grupo de música tradicional Souto Xímaro e tamén se poderá degustar o polbo nas dependencias da feira laurentina”.
A rexedora municipal engade que “será obrigatorio utilizar mascarilla en todo o recinto e en todas as actividades programadas cumpriranse os protocolos Covid”.
O responsable da sección de andadura de PURAGA, Nacho López, explica que “na asociación estamos traballando principalmente na promoción do cabalo de pura raza galega e aparte levamos aproximadamente un ano cun novo proxecto, que se trata da recuperación do cabalo marchador galego. A andadura galega é un deporte tradicional de Galicia desde hai séculos. Primeiramente os cabalos de andadura utilizábanse sobre todo para o transporte de persoas porque pola súa capacidade de movemento de andadura permitían á xente moverse durante moito tempo dunha maneira moi cómoda. Co paso do tempo e coa aparición de razas foráneas estes cabalos de andadura tradicional foron perdendo un pouquiño o seu lugar e por parte da asociación o que queremos é facer un rexistro para recuperar estes cabalos de andadura tradicional. E consideramos que a mellor maneira para empezar a recuperalos é darlles o seu lugar en feiras e concursos para que volvan ao sitio que foron perdendo co paso do tempo. Por iso na asociación seguimos traballando cos cabalos de pura raza galega e tamén temos un proxecto para recuperar os cabalos de andadura tradicional que hai por toda Galicia e que están un pouco abandonados pola entrada de cabalos de razas foráneas, principalmente de trotóns. A xente ten moita aceptación por este proxecto porque levan visto durante toda a súa vida estes cabalos de andadura tradicional, que son autóctonos de aquí, que non son tan rápidos como os foráneos pero son os cabalos que hai en Galicia desde hai séculos e moita xente ten morriña de volver velos nas feiras, polo seu movemento e pola súa calidade”.
En canto ao programado para este domingo en Lourenzá, Nacho López anuncia que “pola mañá faremos concursos morfolóxicos oficiais de cabalos de pura raza galega, de machos, de femias e de poldros e poldras de entre 6 e 2 anos, para valorar o futuro da raza e darlles o seu lugar tamén xa que senón eses poldros estarían na casa ata que tiveran a idade para participar nos concursos de adultos; para animar aos gandeiros a empezar a concursar con eses cabalos xa desde curta idade fixemos este concurso para poldros. Despois, a mediodía, presentaremos publicamente o proxecto de recuperación do cabalo marchador galego, no que levamos un ano e pico traballando tanto a asociación como un grupo de gandeiros; queremos ver a reacción da xente aínda que xa hai moitos que están pola labor de participar nel. E pola tarde faremos unhas carreiras nas que soamente poderán correr cabalos de andadura tradicional do país, que virán de toda Galicia e que son cabalos que habitualmente non participan en concursos de andadura porque foron relegados pola entrada de cabalos foráneos trotóns; entón xa que non hai sitio para eles noutras feiras na asociación PURAGA fixemos esta, na que exclusivamente poderán correr eses cabalos, para darlles o sitio que merecen porque para nós son tan cabalos galegos como os que máis. Finalmente faremos a entrega de premios cun algún especial para o mellor cabalo de pura raza galega da feira. E teremos servizo de pulpería e churrería, ademais de música tradicional, para animar á xente”.
Para rematar Nacho López destaca que o obxectivo principal “é facer unha feira moi enxebre, moi tradicional, dándolles o seu lugar aos cabalos tradicionais de Galicia. A nós gústannos todo tipo de cabalos pero queremos defender sobre todo ao cabalo autóctono de Galicia, tanto o de pura raza galega como o de andadura tradicional”.























O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



