A Pastoriza, 10 de outubro de 2021. Jairo Fernández Espín foi o vencedor do premio Volante Deputación, que se disputou ao longo da fin de semana no circuíto da Pastoriza e no que se puxo en xogo unha praza para competir na vindeiro Rally San Froilán, do 22 ao 24 de outubro.
Jairo Fernández Espín, de Pedrafita do Cebreiro, foi o primeiro en
cruzar a liña de meta na proba final (1.50.244), por diante de Pablo
López Blanco (1.52.289), David García González (1.55.954) e Julio Díez Ramos (2.06.932), que completaron o cadro de finalistas tras dúas xornadas de intensa actividade no circuíto pastoricense.
As persoas participantes na proba, organizada por PTC Escuela co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pastoriza, recibiron formación en condución deportiva e tiveron a oportunidade de iniciarse na competición automobilística coas probas cronometradas que se realizaron durante a fin de semana.
O gañador poderá seguir perfeccionando a súa destreza ao volante nos
próximos días, nos que recibirá formación específica para competir de
forma gratuíta no Rally San Froilán, aos mandos dun Dacia Sandero Cup
con asistencia do equipo Trs Racing Team.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.


