Viveiro, 13 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro informa da posta en marcha do grupo de participación xuvenil, cuxo obxectivo é ser unha canle entre a mocidade de Viveiro e a administración municipal. O grupo terá a súa primeira sesión oficial o próximo venres 29 de outubro ás 17:30 no salón multiusos da casa do concello.
Este proxecto ten o seu inicio no mes de xuño, cando a concellería de Benestar Social do Concello de Viveiro iniciou a súa andadura no proxecto “Cidades Amigas da Infancia”, de Unicef, a través do traballo coa Asociación Branque.
A concellería de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez contactou cos institutos do municipio para dar a coñecer esta iniciativa durante o pasado mes de setembro. Deste modo, o IES María Sarmiento acolleu a inicios de curso escolar, no mes de setembro, varios talleres de promoción para invitar á xuventude a participar e inscribirse no grupo de participación adolescente.
O proxecto ábrese agora a adolescentes de Viveiro de entre 12 e 18 anos, que poden apuntarse e acudir á primeira sesión oficial que se celebrará o venres 29 de outubro de 2021 ás 17:30 no salón multiusos da casa do concello.
Segundo Alejandro Ramos, responsable da dinamización deste proxecto, a pretensión desta acción é darlle voz á xuventude e fomentar a súa participación activa na vida da vila. No grupo de participación adolescente faranse propostas para mellorar o municipio dende a perspectiva da xuventude.
As función destes consellos de infancia son as seguintes:
-Crear unha canle de comunicación entre as nenas, nenos e adolescentes do municipio e as autoridades locais. Trátase dun órgano de representación do conxunto da infancia chamado a trasladar as opinións, necesidades e inquedanzas de todos as nenas, nenos e adolescentes á Corporación municipal e viceversa.
-Propoñer á administración municipal as medidas oportunas para garantir o benestar e o desenvolvemento dos dereitos da infancia no ámbito local.
-Participar na elaboración e seguimento dos Plans de Infancia que se acometan.
-Impulsar a colaboración con outras Administracións públicas en materia de infancia e con entidades que desenvolvan actividades neste ámbito.
Con esta acción, o Concello de Viveiro busca a cooperación das rapazas e rapaces noutros proxectos como Viveiro Inclúe, no que se está a traballar pola mellora da accesibilidade universal do noso Concello dende o ano 2020.
Por agora, o grupo de participación adolescente reunirase unha vez ao mes no Salón Multiusos da Casa do Concello de Viveiro. Mediante dinámicas participativas, cooperativas e lúdicas, os rapaces e rapazas tratarán de conseguir que, coa colaboración activa do Concello, Viveiro pase a ser recoñecida como Cidade Amiga da Infancia.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



