Ribadeo, 19 de novembro de 2021. Acisa presenta as súas novas bolsas. Trátase dun paquete de 30.000 unidades, que están dispoñibles para o comercio e para a hostalaría asociados. Esta iniciativa realízase coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Nesta ocasión preséntanse en tres formatos: un para o comercio de tamaño mediano e bolsas para botellas de viño e comida para levar para a hostalaría.
O xerete de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “como adoitamos a facer polo Nadal este ano tamén entregaremos de forma totalmente gratuíta materiais aos nosos asociados e asociadas. Nesta ocasión fixemos un esforzo extra, dedicando preto de 12.000 euros do convenio do Concello de Ribadeo a este fin. Estamos diante da maior inversión en bolsas realizada nos últimos anos por Acisa, podendo así adquirir mais de 30.000 unidades, a cifra tamén mais alta dos últimos anos. E ampliamos os modelos, contamos coa habitual bolsa comercial e engadimos un modelo de bolsas para botellas de viño e outro destinado á comida para levar”.
Pérez Prada sinalou que “deste xeito respondemos ás necesidades dos nosos asociados, que diariamente no comercio veñen utilizando as bolsas que dende Acisa lles proporcionamos de forma gratuíta, e no caso da hostalaría damos resposta ás peticións feitas este ano, con dúas bolsas moi demandadas, especialmente a de comida para levar, servizo que con mor da pandemia, está en alza”.
Carmen Cruzado, vogal da directiva de Acisa, explicou que “son 20.000 bolsas para comercio, 5.000 para botellas de viño e 5.000 destinadas á comida para levar. Entre as novidades desta campaña, a primeira é a antelación coa que puidemos traballar, facendo que as bolsas poidan estar nos negocios antes da chegada do mes de decembro, nunha ponte tan importante coma a da Constitución e incluso para o Black Friday. O deseño tamén é renovado. Utilizamos en primeiro lugar a nova imaxe corporativa e turística de Acisa, que comparten coa nova sinalización comercial da vila, no que se debuxa o noso SkyLine. E en segundo lugar empregamos a nosa marca de promoción do Camiño de Santiago, Ribadeo, porta do Camiño Norte. E por ultimo inclúen a inserción no deseño, do código QR-WEB de Acisa, deste xeito entramos nos fogares de moita xente, facilitando a posibilidade de que cun fácil escaneo, un veciño de Ribadeo, da comarca ou un turista, estando na súa casa, poida ver a actualidade da asociación, a guía comercial ou hostaleira, a oferta turística ou cultural… isto supón un paso mais na dixitalización e na estratexia de achegarnos mais ao consumidor”.
O xerente de Acisa subliñou que “aqueles asociados e asociadas que fixeron os pedidos das súas bolsas poderán dende o vindeiro martes, 23 de novembro, comezar a recóllelas nas oficinas de Acisa, na rúa San Roque, 57-baixo, de 9:30 a 14:30 horas”.
Jesús Pérez engadiu que “o luns comeza a fase final do proxecto de sinalizacion comercial de Ribadeo. Esa xornada procederase á retirada de todos os identificativos colgantes da nosa asociación en todos os establecementos da vila. Os traballos durarán aproximadamente unha semana, e para o luns seguinte comezarán a colocarse os novos. Estes traballos implican retirar os ferros que están nas fachadas e volvelos a colocar. Queremos insistir en que ninguén se preocupe, xa que as fachadas non sufrirán danos e nuns días estarán do mesmo xeito que estaban”.
As novas bolsas de Acisa foron presentadas hoxe por Jesús Pérez, por Carmen Cruzado e polo concelleiro de Comercio e Turismo, Pablo Vizoso.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



