A Mariña, 10 de decembro de 2021. A Mancomunidade de Concellos da Mariña asina o convenio para a execución do Plan de Sustentabilidade Turística da comarca coa Secretaría de Estado de Turismo e coa Axencia de Turismo de Galicia. Para o presidente, Fran Cajoto, trátase “da mellor das oportunidades para o turismo da Mariña”.
“Moi, moi satisfeito. Estou feliz”, declarou o presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña e alcalde de Foz, que asinou hoxe venres un convenio de 2,25 millóns de euros coa Secretaría de Estado de Turismo e coa Axencia de Turismo de Galicia, para a execución do Plan de Sustentabilidade Turística da Mariña. “Foi un traballo longo para chegar ata aquí: quero dar as grazas a todas as administracións. Non é momento para lembrar declaracións pasadas, isto é un éxito de todos os concellos da comarca unidos, traballando en conxunto por un obxectivo común”.
O presidente da Mancomunidade quere agradecer especialmente á Secretaría de Estado de Turismo e á Axencia de Turismo de Galicia a importante inversión que están a facer na comarca, 1 millón de euros cada administración: “a Deputación, aínda que non se reflicte no convenio, tamén vai axudar ao financiamento dos 225 mil euros que deben aportar os 16 concellos da Mariña ao Plan”. Fran Cajoto destacou o traballo dos técnicos: a axente de Desenvolvemento Turístico da comarca e a Fundación Juana de Vega, que estiveron preparando toda a documentación necesaria. Tamén é un éxito de todos os que nos axudaron a explicar e expoñer a necesidade deste plan para unha comarca con tanto potencial como ten a Mariña”.
E engadiu: “quero agradecer de forma particular o grado de implicación do Secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, ao que tiven o privilexio de amosarlle a Mariña na visita institucional que fixo o pasado 29 de xullo. A presenza da Mancomunidade en Lanzarote na presentación dos plans non era casualidade: creeu no noso traballo e o resultado é un éxito para A Mariña”.
O Plan de Sustentabilidade permitirá dar un impulso moi importante ao turismo da Mariña, con distintas accións. Destaca o capítulo de inversións recollidas no eixo 2 “Crecemento e mobilidade sostible” para o que se reserva a partida máis importante, de 1,5 millóns de euros. Dentro deste capítulo recóllense accións como o reforzo de infraestruturas e produtos sostibles entorno ao deporte e a natureza, creación de novos produtos en torno ao turismo gastronómico e de filosofía slow, a mellora da sinalización turística e a posta en valor e potenciación do Camiño do Mar, recoñecida pola igrexa pero pendente de que a administración autonómica cumpra o mandato do Parlamento de Galicia e a recolla dentro dos catálogos de rutas xacobeas. Xunto con outras partidas -como a reservada para promoción con máis de 300 mil euros- o montante total do plan, de 2,25 millóns de euros, permitirá crear unha oferta máis ampla e atractiva para que a Mariña se consolide como destino turístico tamén fóra da tempada de verán. “Temos que aproveitar as infraestruturas existentes, a Mariña polos recursos naturais e patrimoniais que ten é un destino atractivo os 365 días do ano. O noso obxectivo é que o plan sente as bases para que isto sexa real e en torno ao turismo se creen postos de traballo estables e non temporais. É unha auténtica oportunidade”, subliñou Fran Cajoto.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



