Cervo, 02 de decembro de 2021. O Concello de Cervo organiza para esta ponte de decembro un amplo abano de actividades culturais.
Na tarde de hoxe a Concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, xunto co grupo de mozos do concello encargados de organizar as batallas de rap, presentaron na Casa da Cultura o programa de eventos que se desenvolverán desde o sábado 4 ata o mércores 8 de decembro.
A programación ábrese o sábado ás 21H na Praza dos Campos, onde Alberto e Ángel Sevilla ofrecerán un concerto dentro do ciclo de concertos “O Son do Nordeste”.
Para a xornada de domingo á mañá temos en Cervo O legado de Tibu, un espectáculo de patinadores e música. Dará comezo ás 12:30H na Praza do Souto. Xa pola tarde, a programación continúa coa celebración da terceira xornada das batallas de rap no Auditorio da Casa da Cultura, que comeza ás 16:30H. Este evento é unha novidade dentro da programación cultural de xuventude do Concello, no que mozos e mozas botan a tarde celebrando desafíos entre eles de forma amigable e outro tipo de actividades relacionadas co rap.
O luns 6 de decembro, dentro do ciclo de concerto”s A Caixa de Música”, o grupo Acordeóns da Mariña dará un concerto ás 13:30H na Praza do Souto.
Na mañá do martes 7 ás 12:30H, na carpa da Praza dos Campos, teremos o espectáculo circense Asocirco Show. Xa pola noite, ás 21:00h , teremos na carpa da Praza do Souto a Jorge Menéndez, que dará un concerto dentro do ciclo O Son do Nordeste.
Por último, o mércores 8 de decembro, A Caixa de Música pecha a programación da ponte co concerto de música cubana a cargo do grupo Toxo Guayaba. A cita terá lugar ás 13:30H na Praza dos Campos de San Cibrao.
Apunta a delegada García Caramés: ofrecemos para esta ponte unha programación ampla e variada, que contén concertos, espectáculos circenses e actividades xuvenís, cos que pretendemos atender as inquietudes de todos os grupos de idade. Recorda que para os eventos ao aire libre que se van celebrar tanto na Praza dos Campos como na Praza do Souto, temos dúas carpas que se instalaron o mes pasado para a celebración deste tipo de eventos, e protexerá aos asistentes sempre que climatoloxía non acompañe.
Engade a concelleira que desde o concello facemos unha forte aposta pola cultura, pois esta programación é a continuación de todas as actividades que levamos facendo desde o verán e que se seguirán facendo nas seguintes semanas.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



