Viveiro, 30 de decembro de 2021. O Concello de Viveiro informa que, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, a día de hoxe hai no municipio un total de 109 novos casos diagnosticados nos últimos 14 días, sendo a incidencia acumulada para o concello nese período superior a 500.
Polo que respecta aos datos referidos aos últimos 7 días, o número de novos casos diagnosticados no concello é de 90 e a incidencia acumulada para o concello nese período é superior a 250.
Atendendo á situación epidemiolóxica e ao incremento de contaxios que se está a producir, dende o goberno local quérese incidir na importancia de cumprir as medidas establecidas polas autoridades sanitarias, lembrando que a prudencia e a responsabilidade social son fundamentais en beneficio da saúde pública co fin de evitar a propagación do virus.
Finalmente, lémbrase que ás 00.00 horas do 31 de decembro de 2021 entrarán en vigor as novas medidas establecidas pola Xunta de Galicia na Orde da Consellería de Sanidade de data 29 de decembro de 2021.
Entre as medidas recollidas nesta nova Orde inclúense as seguintes:
– Obrigatoriedade do uso da máscara en espazos de uso público pechados ou ao aire libre, agás no exterior de espazos naturais (campo, montes e terreos forestais e agrícolas e praias) sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre as persoas non conviventes.
– O público dos espectáculos musicais/artísticos ao aire libre deberá permanecer sentado.
– Nos establecementos de hostalería e restauración, o horario límite de peche será ás 00.00 horas, agás a noite do venres ao sábado e do sábado ao domingo, que será á 1:00 horas. O día 1 de xaneiro de 2022 non se poderán prestar servizos a clientes entre a 1:00 e as 09:00 da mañá. Non se permite o consumo en barra.
– Nos establecementos de lecer nocturno, o horario límite de peche ao público será ás 03:00 horas. Non se permite o consumo en barra.
– No ocio nocturno quedan prohibidos os cotillóns, celebracións ou festexos que aludan á celebración das datas de Nadal, así como eventos extraordinarios.
– O certificado COVID será necesario para acceder, durante todo o seu horario, aos establecementos de hostalería, restauración e ocio nocturno.
– As carreiras populares en espazos públicos deberán realizarse sen asistencia de público, polo que se lembra aos veciños que na San Silvestre que terá lugar mañá, 31 de decembro, con saída dende a Praza Maior, non poderá haber público. Ademais, durante a proba os participantes deberán facer uso de máscara.
Estas medidas terán efectos ata as 00.00 horas do día 18 de xaneiro de 2022. Cómpre indicar, finalmente, que neste momento se está pendente da ratificación por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do chamado “toque de non queda”.






















O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



