A Coruña, martes 11 de xaneiro de 2022. A Real Academia Galega fíxolle chegar ao presidente da Xunta Xeral do Principado de Asturias, aos grupos parlamentarios e ao Goberno de Asturias o informe aprobado no seu último pleno ordinario a propósito da reforma do Estatuto de Autonomía do Principado. O texto analiza a consideración da lingua galega en Asturias ao longo das últimas décadas e detense na proposta de novo marco estatutario —coñecida a través dos medios de comunicación—, que contempla a declaración de oficialidade do asturiano en todo a comunidade autónoma pero limita esta consideración para o galego exclusivamente no seu ámbito territorial.
Diante desta consideración, a RAG reclama o mesmo trato para as dúas linguas propias de Asturias, o galego e o asturiano, e critica ademais a escolla do glotónimo “eo-naviego”, que parece ter como finalidade “facer invisible a existencia do galego” nas comarcas asturianas estremeiras con Galicia.
“A Real Academia Galega arela que o Parlamento do Principado aprobe na reforma do seu Estatuto de Autonomía a declaración de oficialidade das dúas linguas propias Asturias, o galego e o asturiano. E que na posterior lei de uso que se prevé, o galego, na variante eonaviega, sexa oficial en todo o territorio do Principado de Asturias, para que os seus falantes teñan os mesmos dereitos ca os de asturiano, como en Cataluña os teñen os falantes da lingua occitana, denominada aranés en Arán”, expresa a institución.
Sobre a substitución do glotónimo “galego” por “eo-naviego” na proposta de reforma estatutaria, a RAG lembra que as fronteiras políticas adoitan non coincidir coas fronteiras lingüísticas e que a continuidade da lingua falada nunha comunidade veciña é algo coñecido que se repite en Europa. “E nestes casos, que a variedade lingüística en cuestión teña un glotónimo que corresponde á lingua doutra comunidade, neste caso o galego, non é motivo de ningún conflito nin rexeitamento. (….) Entre dúas comunidades e entre dúas linguas que comparten intereses e que deberían procurar a colaboración para buscar estratexias de futuro conxuntas, con máis razón deberían evitarse confrontacións que só conducen a desunir e a separar, e que só poden ter consecuencias negativas para os falantes destas variedades e para que os seus dereitos como falantes e como persoas sexan recoñecidos e protexidos”, advirte a RAG.
“Non é función da Real Academia Galega intervir en cuestións de tipo político, que son da competencia dos gobernos das respectivas comunidades autónomas; pero si é función dela lembrarlles que unha lingua é un patrimonio cultural merecente de ser salvagardado e que sería máis positivo para esa salvagarda unha política de cooperación e non unha política de confrontación”, conclúe o informe.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



