Viveiro, 29 de xaneiro, 2022. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, entregaron hoxe os premios do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2021” na súa fase local. O concurso está organizado a nivel provincial pola Biblioteca Pública de Lugo, con edición locais nos distintos municipios previas á fase final provincial.
Nesta edición, Viveiro contou con participantes na categoría B, que inclúe a nenos/as de 9 a 12 anos. Os textos gañadores son os de Marta García Vale, do centro de ensino Landro; o de Daniel Míguez González, do CEIP de Covas, e o de Blanca Loureiro Valledor, do CEP Lois Tobío.
Ademais, concedéronse tres accésits recoñecendo os textos de Inés Mariño Gómez, Nereida Pereira Louzao e David Güeto Diéguez.
Os traballos premiados nesta fase local no concello de Viveiro enviaranse ao certame provincial, no que o xurado escollerá os mellores textos entre os poemas enviados polos nenos/as de toda a provincia de Lugo.
O xurado, que decidiu os textos gañadores, estivo formado por Amadora Taracido Lago, Covadonga Dopico Cachán, Ana María Fernández-Noriega Fernández e Lara Fernández Fernández-Noriega.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



