De xeito periódico aparecen novas sobre demografía en Galicia. O normal é que sexan notas pesimistas en relación a datos reais do desenvolvemento poboacional actual e proxección cara ó futuro dos galegos, mais esta mesma semana apareceron novas sobre o movemento poboacional relacionado coa pandemia, en base a que o INE publicou o censo de xaneiro de 2021. A idea baixo os titulares era que a COVID impulsou un movemento de poboación fóra das cidades.
A nivel xeral, Galicia acadou un pico poboacional nos anos 80, e logo outro (máis baixo) no 2010. Este último, netamente por entrada de xente de fóra, inmigrantes (e emigrantes retornados). Pero dende esta última data os rexistros indican que leva perdido 100 000 habitantes, camiño dun 4 % da poboación, unha cantidade considerable. E, só no 2020, máis de 6000 veciños.
Nese contexto, o dicir que o conxunto das sete cidades galegas perdeu uns 5000 habitantes coido que, sen deixar de ser relevante de por si, pasa a ser algo relativo. E máis aínda cando esas persoas desprazáronse, na práctica, a zonas limítrofes ás cidades, a zonas que poderiamos chamar suburbanas máis ca rurais. E é que as rurais ‘auténticas’ máis ben seguen a perder peso demográfico dentro de Galicia. Algo que se pode ver comparando números dalgúns lugares, como a provincia de Lugo ou a Mariña (o conxunto das tres definidas ‘comarcas’ que forman parte dela).
No caso da provincia, Lugo perdeu dende o 2010 ó 2021, 27 000 habitantes, cousa dun 7% da poboación, e, no 2020, máis de 2000, é dicir, un terzo da perda total de Galicia dese ano, tendo menos dun sexto da poboación.
Dentro da provincia, se quitamos o entorno da capital, a zona relativamente máis poboada é a da Mariña, aínda que sen ningún núcleo urbano que pase dos 10 000 habitantes (a excepción de que consideremos Viveiro e Covas como un núcleo único). A Mariña perdeu dende o 2010 case 6000 habitantes, máis do 7 %, e no 2020, máis de 300, case un 0,5 %. É dicir, no conxunto da década pasada, perdeu habitantes na práctica na mesma porcentaxe que o resto da provincia (e ben maior que Galicia), e no último ano, que marcaría a diferencia da COVID, a dobre ritmo que Galicia aínda que dito ritmo sexa menor que o da provincia.
Baixando aínda de nivel, dentro da Mariña, os catro concellos que concentran a maioría da poboación (de oeste a leste, Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo), case os dous terzos dela cos datos de na man 2021, levan subindo porcentaxe de habitantes dentro da comarca (ano 1981, 42 %, 2010, 61 %, 2021, 63 %), aínda que dende 2010 perderan en conxunto case 1000 habitantes, e no 2020, 250, unha porcentaxe neste último caso semellante ó total da Mariña.
Resumindo, os movementos de poboación pola COVID existen, pero en relación á evolución xeral da poboación en Galicia só son unha superposición á tendencia observada con anterioridade. Superposición que aínda está por ver se é ou non pasaxeira fronte a unha tendencia que pode agravarse con problemas como os que ten a Mariña con industrias como Vestas ou Alcoa.

















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



