Ribadeo, 9 de febreiro de 2022. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) acaba de abrir o período de inscrición para participar no curso de soldadura TIG que se desenvolverá en Ribadeo os días 12 e 13 de marzo. O prazo para solicitar praza finaliza o día 5 dese mes.
Esta actividade formativa será impartida polo profesor de soldadura Andrés Álvarez López, do CIFP Avilés, e abordaranse os seguintes temas: principios do proceso TIG, selección do tipo de corrente, equipo de sondaxe, eléctrodos non consumibles, metais de achega, gases de protección, técnicas operativas, técnicas especiais, defectos típicos nas soldaduras e fallos no equipo de sondaxe.
Os interesados poden contactar con Apaga a través do correo electrónico apagaribadeo@gmail.com ou dos teléfonos: 639.88.49.45 e 629.09.67.11.
O próximo curso que se impartirá nas instalacións de Apaga, en Ribadeo, será o de motores, que terá unha duración de 25 horas. As prácticas realizaranse os días 12, 13, 19 e 20 de febreiro. Así segue o novo plan de formación da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia baseado na aula Investida, que permite ao alumnado recibir a formación teóricas nos seus domicilios “adaptándose a los horarios que tengan disponibles. Lo hacen a través de nuestra plataforma online. Y luego las prácticas son presenciales. El primer curso que impartimos bajo este formato a finales de enero tuvo una gran acogida y por eso estamos satisfechos”, apunta Álvaro Doural, presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia.























Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



