Lugo, 23 de marzo de 2022. A Deputación de Lugo e a Escola de Organización Industrial (EOI) convocaron unha liña de axudas por un importe total de 210.000€ para empresas e asociacións da provincia interesadas en contar con mozos e mozas en réxime de prácticas non laborais remuneradas. O prazo de solicitude abriuse este mércores tras a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) da convocatoria, enmarcada no programa Reiníciate: Enfoca o teu futuro que teñen en marcha a institución provincial e a EOI, dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e que ten como obxectivo favorecer a inserción laboral da mocidade en profesións con alta demanda, como son as vinculadas coas novas tecnoloxías e a dixitalización, a través de formación gratuíta e prácticas remuneradas.
Estas axudas servirán para sufragar as becas que percibirán os rapaces e rapazas por un período de prácticas non laborais de tres meses. A remuneración total que como máximo recibirá o alumno ou alumna é de 2.084,47€, o que supón 1,2 veces o IPREM mensual. No caso de persoas cunha discapacidade superior ao 33%, a contía total a percibir será como máximo de 2.431,88€ por alumno, 1,4 veces o IPREM mensual. Cada entidade ou empresa beneficiaria das axudas poderá contar con varios alumnos ou alumnas.
Poden optar a esta convocatoria todas aquelas empresas de calquera sector, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro da provincia de Lugo que queiran incorporar no seu equipo a mozos para prácticas non laborais e que firmen un convenio co Servizo Público de Emprego con esta finalidade.
O prazo de presentación de solicitudes é de 60 días naturais e deben cumprimentarse por vía telemática na web www.eoi.es. As axudas concederanse a través dun procedemento de concorrencia competitiva.
Para que as prácticas sexan subvencionables terán unha duración por un período de tres meses, cunha xornada mínima de 4 horas ao día e de 30 horas semanais como máximo.
Un programa con inserción laboral real
O programa Reiníciate: enfoca o teu futuro xa incorporou ao mundo laboral aos primeiros mozos e mozas que participaron neste plan de formación e emprego xuvenil impulsado pola Deputación de Lugo e a Escola de Organización Industrial. Estas primeiras formacións estiveron centradas nas profesións de communitiy manager, auxiliar de xestión informática para PEMES e asociacións, auxiliar de xestión informática especializado en subvencións e licitacións públicas, e experto en ciberseguridade.
Este programa ten como obxectivo favorecer a inserción no mercado de traballo dun total de máis de 400 mozos e mozas da provincia de entre 16 e 30 anos, en situación de desemprego e inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil, ofrecéndolles para elo formación gratuíta e prácticas remuneradas en empresas e entidades en profesións con alta demanda vinculadas coas novas tecnoloxías e a dixitalización.
Promovido pola Deputación e a EOI, este programa conta cun orzamento total de 1.082.950€, achegados nun 85,9% pola Escola de Organización Industrial a través do Fondo Social Europeo, o que supón 930.254,05€. A institución provincial asume o 14,1% restante, o que supón 152.695,95€. Este programa forma parte do Plan de Impulso da Economía da Provincia lanzado pola Deputación para favorecer a reactivación do tecido produtivo fronte ao impacto da pandemia.
A iniciativa dá continuidade ao Reiníciate: dixitaliza a túa empresa, que tamén puxeron en marcha ambas entidades e que está tendo moi boa acollida entre as empresas da provincia.
Continúa aberto o prazo de inscrición
O plan de formación e emprego xuvenil arrancou en xaneiro e ten aínda prazas dispoñibles. As formacións inclúen parte teórica e práctica, e contan cun total de 159 horas, que se dividen en clases de 4 horas ao día. Estanse a impartir de maneira semipresencial, co obxectivo de facilitar que o alumnado poida recibir formación dende calquera punto da provincia, dándolles un trato personalizado e fomentado o traballo en equipo.
A formación está dirixida, principalmente, á adquisición de coñecementos e tarefas vencelladas ás novas tecnoloxías, á dixitalización e á administración electrónica. Cada mes inícianse catro novas formacións.
Os contidos das vindeiras accións dos meses de abril e maio centraranse nas ramas de: community manager e márketing dixital, xestión informática para pemes e asociacións, xestión informática para licitacións públicas, xestión comercial e redes sociais.
As matrículas pódense formalizar en: https://empleojovenlugo.es/



















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



