Xove, 23 de marzo de 2.022. A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha a finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de caretas de Entroido. Coma en anos anteriores, o concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios que consistían en material escolar.
Hoxe pola mañá, nas dependencias do Colexio Pedro Caselles, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín fixeron entrega dos premios do Concurso aos gañadores nas distintas categorías:
Os premiados/as nesta edición 2022, foron:
1º.- Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º Premio: (REX. Nº 4) Jimena Paleo Enríquez
2º Premio: (REX. Nº 9) Anaís Romero Suárez
3º Premio: (REX. Nº 10) Valeria Vilasa Posada
2º.- Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º Premio: (REX. Nº 15) Jesús López Franco
2º Premio: (REX. Nº 16) David Burgos Peloche
3º Premio: (REX. Nº 22) Pablo García Val
3º.- Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º Premio: (REX. Nº 28) Álvaro García Casabella
2º Premio: (REX. Nº 19) Nicolás Purriños García
3º Premio: (REX. Nº 37) Andrés Alcalde Fernández
4º.- Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º Premio: (REX. Nº 24) Alejandro Flores Escobar
2º Premio: (REX. Nº 20) Paula Sánchez Pernas
3º Premio: (REX. Nº 46) Carlota Eijo Rodríguez
5º.- Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º Premio: (REX. Nº 21) Uxía Gradaille Durán
2º Premio: (REX. Nº 41) Daniel Bértolo Casabella
3º Premio: (REX. Nº 45) Andrea Eijo Rodríguez






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



