Lugo, 15 de marzo de 2022. Representantes do Partido Popular da provincia de Lugo nos municipios polos que discorre o Camiño Norte mantiveron unha reunión de traballo, á que asistiu o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Vicepresidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda.
Na reunión participou a presidenta provincial do PP; Elena Candia, que destacou que os populares están moi concienciados da importancia que ten o Camiño na economía dos concellos polos que discorre.
O encontro serviu para analizar distintas fórmulas para intensificar a promoción do Camiño Norte, na liña das iniciativas e recursos que utiliza a mancomunidade do Camiño Francés.
Os populares queren mobilizar recursos para aproveitar ao máximo o dinamismo económico que xera.
No transcurso da reunión quedou patente o agradecemento dos asistentes ao esforzo que desenvolve o Xacobeo nos seus territorios.
Na reunión participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; directora xeral de Turismo, Nava Castro; alcalde de Friol, José Ángel Santos; alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero; portavoz popular en Barreiros, José Manuel Gómez Puente; deputado autonómico José Manuel Balseiro (coordinador xeral do PP provincial); deputada autonómica e portavoz en Vilalba, Sandra Vázquez; secretario xeral do PP provincial, Javier Nodal; portavoz municipal en Ribadeo Daniel Vega; Gerardo Criado, jefe territorial de Presidencia; Agustín Baamonde, concelleiro en Vilalba e deputado provincial; alcalde de Abadín, José María López Rancaño; alcalde de Begonte, José Ulla; secretario xeral do PP de Trabada, Eliseo López.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



