Mondoñedo, 26 de abril, 2022. Mondoñedo está preparado para celebrar as súas tradicionais Feiras e Festas de As Quendas. A Asociación As San Lucas dá a coñecer o programa completo desta edición, que se celebrará na cidade entre este venres 29 de abril e o domingo 1 de maio. O presidente da Asociación organizadora, Miguel Souto, explica que un ano máis a programación de As Quendas busca “a posta en valor tanto do noso campo, apoiando aos gandeiros e ás razas autóctonas, como da nosa cultura, con actividades como son Mondoñedo é Poesía ou a obra teatral ‘Nais’”.
Esta feira é unha das de máis tradición de toda Galicia. Vénse celebrando en Mondoñedo desde 1541 (hai xa 481 anos). Esta edición arranca este venres 29 de abril co pregón que pronunciará no auditorio Pascual Veiga, ás 20:30 horas, Claudia del Pino Martínez, profesional do turismo, formadora e guía de turismo oficial, traballou na oficina de turismo de Mondoñedo e é colaboradora habitual da Asociación As San Lucas
Este primeiro día das festas tamén ten outros protagonistas da casa, que son os ‘quendeiros’ e a ‘quendeira. Erea Díaz Fernández, de 5 anos, así como Mario e Jordi Domenech Val, tamén de 5 anos presidirán durante esta fin de semana os festexos deste ano. O presidente da Asociación organizadora di que estes nenos e nenas son os que “simbolizan a continuidade da tradición”.
A música na Alameda o venres 29, vén da man do Grupo Fusión, dende as 22.00 horas.
‘Nais’
O sábado 30 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio Pascual Veiga terá lugar a estrea da comedia ‘Nais’ de Marc Egea e dirixida por Javier Mariño. A historia xira arredor de dúas nais novas, ás que dan vida a coñecida colaboradora do Land Rober Eva Iglesias e a presentadora Inma Morandeira, e que se enfrontan a dúas maternidades moi diferentes. Unha comedia teatral, que tal e como explica Miguel Souto, estrease en Mondoñedo e “de seguro nos fará rir, algo moi necesario tras a situación de pandemia que vivimos”. As entradas están a venda no portal www.woutick.es .
Durante o mesmo sábado, a cidade acollerá outras actividades culturais como o espectáculo de títeres de guante ‘A Familia Unida’ de Mircromina Títeres, ás 17:00 horas, no feiral diante da igrexa dos Remedios.
A verbena do sábado, comezará sobre as 21.30 horas, coa música das orquestras Ritmo Joven (que tamén toca na sesión vermú) e o Grupo EUREKA.
Día grande das festas
O día grande das festas, o domingo 1 de maio, será a xornada na que gocen de especial relevancia os produtos de proximidade e as razas de gando galego. Dende as 9:00 horas, celebrarase a Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar no Campo da Feira. Xa ás 13:30 horas será a entrega de premios do concurso de gando.
Celebrarase a XXXVII Festa da Empanada. Nos locais de hostalería mindoniense serviranse tapas deste produto e venderanse empanadas na Alameda. A partir das 12.00 horas, tamén neste enclave terá lugar a VII edición do obradoiro de amasado artesán: elaboración, enfornado e cocido da empanada. Unha actividade aberta a todas as persoas interesadas en coñecer o proceso de elaboración do pan e da empanada, dous dos produtos típicos da cidade.
Ás 11:30 horas, terá lugar a III Xuntanza de Vespas, Lambretas e Clásicas ‘As Quendas’, na Praza da Catedral. Farán un percorrido polas rúas mindonienses ata a Alameda. A inscrición para participar faise nos teléfonos 689 008 073 e 670 801 034. O prezo é de 18 euros e inclúe xantar.
A música corre a cargo da orquestra La Favorita, na Alameda, que tamén ofrecerá sesión vermú.
E como se vén facendo dende 2014, a actividade cultural Mondoñedo é Poesía desenvolverase tamén durante esta xornada convertendo a Mondoñedo o día 1 de maio na capital galega da poesía. Mondoñedo é Poesía chega a súa oitava edición, convocando en Mondoñedo os amantes do verso dito, recitado, cantado, musicado ou visual.
Este ano a programación de Mondoñedo é Poesía inclúe o concerto ‘Cantos de Poeta’ do grupo galego-catalán Gelria, no mesmo auditorio, a partir das 19.30 horas. Gelria, fundado en 2014, pon música a textos de autores clásicos galegos, como Rosalía, Curros ou Cunqueiro e actuais como Manuel Rivas ou Chus Pato. Formación para este concerto: Rubén Fernández (voz), Federico Mosquera (piano), Mario G. Cortizo (percusión) e Pablo Pérez (contrabaixo).




















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



