Cervo, 07 abril de 2022. O concello de Cervo, a través das delegacións de educación e xuventude, programa para a semana que vén, os días 11, 12 e 13 de abril, unhas novas edicións de Enredos e Xuventude.
O xa tradicional programa de Enredos vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Estarán divididos en dúas franxas horarias e de idade. As crianzas pertencentes ao segundo ciclo de infantil gozarán das actividades programadas o luns, martes e mércores de 11H a 12:30H, mentres que os de primaria terán a súa quenda de 12:30H a 14H.
As actividades enmarcadas no programa terán lugar no Pavillón Municipal da Veiga e as inscricións xa están dispoñibles, tanto na Casa da Cultura de San Cibrao como no Concello de Cervo.
No referente á Xuventude, o Concello de Cervo organiza para o luns e o martes un torneo de Fútbol 7 no Campo de Fútbol de a Veiga, nas categorías infantil, cadete e xuvenil. Os equipos que se queiran inscribir deberán estar formados por un mínimo de 7 e un máximo de 10 compoñentes.
Para formalizar a inscrición pódese facer a través do número de teléfono 691 656 600 ou na Casa da Cultura de San Cibrao.
Por último, o mércores 13, no parque Reina Sofía, os maiores de 10 anos poderán desfrutar do Láser Tag. A actividade comeza ás 16:30H e as inscricións tamén se farán a través do número de teléfono 691 656 600 ou na Casa da Cultura de San Cibrao.




















Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.