A Mariña, 8 de abril de 2022. Unha muller denuncia que leva máis de 15 meses agardando para realizar unha ecografía de colo, solicitada polo seu médico de familia en xaneiro de 2021. A paciente acudiu ao servizo de urxencias por unhas molestias na garganta que iban a máis e que lle producían a maiores bastante preocupación; prescribíronlle antiinflamatorios e derivárona ao seu médico de familia, que lle solicita unha consulta co otorrino e unha ecografía de colo.Tras ser vista polo especialista este, que non aprecia nada a simple vista recomenda que realice a proba solicitada.
Como pasaba o tempo e non a chamaban acudiu a Atención ao paciente máis non lle fixeron reclamación escrita, tan solo foi atendida verbalmente. En outubro de 2021, nove meses despois de ser pedida a ecografía, decide enviar un escrito á directora do centro, María Xosé Cortés , máis non recibiu contestación algunha.
As molestias van a máis e a paciente sinte temor pola incerteza que lle produce a falta de diagnóstico.
As molestias da muller aumentaron e “cóllenme ata o oído, cunha sensación de ter un nódulo na garganta; estou preocupada e asustada, quero que me fagan a proba xa e que me digan se teño algo ou non” – relata. Diante da ausencia de resposta por parte da dirección do centro a muller acude á Plataforma Sanitaria solicitando axuda para redactar unha reclamación, que se presenta polo rexistro o día 31 de xaneiro de 2022, con número de entrada 0163.
Desde a Plataforma Sanitaria esiximos que se cumplan os prazos que estipula a lei de garantías sanitarias á vez que se dota ao sistema de listas de espera da transparencia que se esixe ás actuacións públicas, incluíndo nelas á totalidade de pacientes que requiren una cita , eliminando do sistema as listas B e informando a cada paciente da súa posición nas mesmas e o tempo de agarda esperado. De igual xeito esiximos ao Sergas que dote ao hospital do persoal que se require ,“ pois a ausencia de tres radiólog@s dun cadro de persoal de cinco está a causar graves atrasos neste servizo, á vez que está a sobrecargar ao persoal que atende o servizo dun xeito perigoso para a súa saúde e repercutindo directamente sobre @s pacientes ,que non son atendidos nos tempos máximos que marca a lei”- comentan desde o colectivo sanitario.






















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.