Ribadeo, 24 de maio de 2022. A Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo financiarán o proxecto de mellora do campo de adestramento e xogo da Devesa. O investimento ascenderá a 50.000 euros. En datas próximas será asinado o convenio entre ambas administracións. Hoxe visitaron as instalacións o deputado provincial responsable de Deportes, Efrén Castro, o alcalde ribadense, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, así como directivos da SD Ribadeo, do Ribadeo FC e dos Veteranos do Ribadeo FC. Xunto a eles estiveron tamén os edís de Economía e Obras, Pablo Vizoso e Mónica Freire.
Na quenda de intervencións o alcalde, Fernando Suárez, dixo que “sodes varias asociacións con moita xente: o Ribadeo Fútbol Club, a Sociedade Deportiva Ribadeo e os Veteranos do Ribadeo Fútbol Club. Todos facedes un uso intenso de todas as infraestruturas e ás veces é necesario melloralas, como é o caso que queremos. Para melloralas fan falta cartos, evidentemente, e para iso necesitamos botar man de quen nos axuda, que é o que fai a Deputación de Lugo, como fixo co Pepe Barrera e vaino facer tamén con este proxecto de mellora do campo de adestramento e de xogo da Devesa. É un proxecto que desde o Concello quixemos redactar para poder levalo adiante neste verán para mellorar as carencias deste campo porque foi feito hai anos, está moi desnivelado e ten problemas tamén de dureza e os xogadores quéixanse de que é moi duro. Entón necesitamos darlle unha volta”.
O responsable da Área de Deportes da Deputación de Lugo, Efrén Castro, contou que “o Concello presentounos este proxecto de mellora destas instalacións e transmitiunos esa necesidade porque fixérase un esforzo no campo principal pero calquera que coñeza o deporte, como o coñezo eu, sabe que esa é só unha parte e hai moitos outros como os veteranos, as categorías inferiores ou outros equipos que necesitan instalacións dignas polo que hai que melloralas. Polo tanto chegamos a un acordo e vanse facer estas obras, se todo sae ben, neste verán. Trátase de seguir nese camiño que está a facer o Concello de Ribadeo para mellorar paso a paso todos os equipamentos deportivos. E a Deputación colaborar nesa promoción do deporte que vén da man de mellorar as instalacións”.
Pola súa banda o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, engadiu que “cando este campo da Devesa estea operativo vai estar a disposición, como sempre, das tres entidades: Ribadeo FC, SD Ribadeo e Veteranos. O montante da obra rolda os 50.000 euros, un investimento da Deputación e do Concello, practicamente ao 50 por cento, aínda que pon un pouquiño máis a Deputación”.
























No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


