Dunha plantilla de tres psiquiatras que compoñen a dotación facultativa, dous del@s faltan e non están a ser substituíd@s
A Mariña 27 de maio de 2022. O Servizo de Saúde Mental da Mariña conta actualmente cunha soa profesional para atender a todo o distrito sanitario da Mariña, o que supón unha soa psiquiatra para unha poboación duns setenta mil habitantes. Este servizo ten unha dotación de tres psiquiatras, máis desde hai un ano só conta con dous, ao trasladarse a terceira das profesionais a outra área, sen ser substituída en ningún momento desde a súa marcha. Hai dúas semanas outro psiquiatra está a desfrutar dun permiso de paternidade que tampouco foi cuberto a día de hoxe.
A Unidade de Saúde Mental (USM) organiza a súa actividade de xeito que dous psiquiatras atenden nas consultas e o terceiro reparte a súa xornada entre a atención en domicilios en toda a comarca coa equipa de continuidade de coidados, xunto a unha enfermeira especialista e unha técnica en coidados auxiliares de enfermería, e a atención ás residecias sociosanitarias dos catorce concellos da Mariña. O traslado dunha das psiquiatras en maio de 2021 sen ser cuberto obriga ao facultativo de continuidade a pasar á atención da consulta deixando esta equipa sen persoal facultativo. Os pacientes que eran visitados a domicilio agora teñen que desprazarse para acudir a consulta á USM de Burela. A atención a residencias está facéndose a maiores da xornada habitual, coa sobrecarga que esto ocasiona e sen poder manter a periodicidade previa nas visitas. Desde hai dúas semanas a totalidade da actividade de saúde mental recae sobre unha soa facultativa.
Máis de cincocentas persoas veranse afectadas por esta situación de emerxencia asistencial
Esta situación, con dous dos psiquiatras ausentes sen substituir, afecta directamente a máis de cincocentos pacientes aos que habería que engadir familiares, amizades e coidadoras polo que a cifra final podería incrementarse considerablemente. Moitos destes pacientes xa tiveron que sufrir a perda da súa consulta ou van perdela nos vindeiros meses, causándolles un sufrimento evitable que se suma ao que xa é innato á enfermidade mental e aumentando a súa inseguridade ou angustia.Segundo comenta Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma Sanitaria da Mariña, “estamos ante unha situación de emerxencia asistencial e mesmo social que atenta contra os alicerces da sanidade pública e que golpea aos pacientes máis vulnerables acrecentando aínda máis a desigualdade”.
Desde o colectivo sanitario esiximos ao Sergas que solucione de inmediato esta situación de emerxencia substituíndo as dúas ausencias de psiquiatría para dar así unha alternativa ás persoas que teñen unha cita ou a aquelas que levan meses agardando por unha consulta.
Do mesmo xeito instamos ao goberno da Xunta que cumpla coas ratios dotando á unidade de saúde mental de Burela d@s psiquiatras e psicológ@s clínic@s recomendadas para manter unha atención digna, próxima, estable e que cumpla cos estandares de calidade ditados polas sociedades científicas. Consideramos que en vez de facer propaganda enganosa dispendiando inxentes cantidades de cartos públicos “creen unha unidade infantoxuvenil de saúde mental na Mariña evitando desplazamentos innecesarios a Lugo e doten á USM doutras categorías como terapeutas ocupacionais , tal e como existen no resto dos servizos de saúde mental”- conclúen @s activistas sanitari@s.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



