Burela, 18 de maio, 2022. A 23ª edición do Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras abre este xoves pola mañá o programa de actividades de Expomar 2022, que xunta de novo ás entidades máis representativas da frota galega e ás asociacións profesionais do sector pesqueiro a nivel nacional para debatir sobre os principais problemas que afronta o sector.
Como novidade este ano as conclusións tomadas durante a reunión dos representantes da frota, que terá lugar nas instalacións de Armadores de Burela entre as 10:00h e as 14:00h, faranse públicas na primeira sesión das Xornadas Técnicas, que se celebran no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela desde as 16:30h.
A 29ª edición das Xornadas Técnicas Expomar mantén o seu formato clásico aberto ao público de forma presencial, anque tamén se poderán seguir online desde a web www.expomar.com.
A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, inaugurará o evento acompañada polo presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano; o presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero; o presidente do Galp A Mariña-Ortegal, Javier Martínez; e a concelleira do Mar de Burela, Carmela López.
A primeira xornada titúlase “Xestión pesqueira e mercado europeo” e contará coas intervencións de Javier Garat, secretario xeral de CEPESCA e presidente de Europêche; Ignacio Gandarias Serrano, director xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura do MAPA; Daniel Voces, director de Europêche; e Pedro Reis, secretario do Consello Consultivo de Mercados MAC. Esta primeira sesión estará moderada polo secretario xeral do Comité Consultivo de Pesca de Augas Lonxanas LDAC, Álex Rodríguez.
A segunda xornada celébrase baixo o título “Sostenibilidade, saúde e comportamentos de compra” e contará coas intervencións de Cristina Cucullo, mánager da área do consumidor de KANTAR; Gumersindo Feijoo, vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela; e Guillermo Aldama, cardiólogo do CHUAC, membro da Sociedade Española de Cardioloxía e da Fundación Española do Corazón. Esta segunda sesión estará dirixida pola secretaria adxunta de CEPESCA, Rocío Béjar.
A clausura das Xornadas Técnicas 2022 correrá a cargo da secretaria xeral de Pesca Marítima do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz, que estará acompañada do presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano; o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; e Narciso González en representación da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
As Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial están promovidos pola Fundación Expomar, en colaboración coa Deputación de Lugo e a Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao, e financiadas polo GALP A Mariña Ortegal.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



