Será ás 20:30h con Malajunta Tango Dúo que presentan “Apiazzolados”. Entrada de balde

Arestora son 1755. Destes, 2 están en UCI no HULA. 71 están en hospitalización: 46 no Hula, 5 no Hospital da Mariña, 19 no Hospital de Monforte.
O 9 de xullo será o I Día da Bicicleta que organiza a Delegación de Deportes do Concello do Valadouro dirixida polo concelleiro Eliseo Teijeiro. Unha actividade de lecer para disfrutar con toda a familia e amigos que consistirá nunha ruta sinxela de 14 kms con avituallamento e sorteos de lotes de produtos entre todos os participantes. A Inscrición de balde pódese efectuar nas oficinas da Casa da Cultura ata o 2 de xullo de 10:00h. a 14:00h. e de 16:00h. a 20:00h. A retirada de camisetas e dorsais o mesmo día 9 de xullo a partir das 16:00h. no Local Social do Parque Concepción Arenal.
Trátase dunha iniciativa que viñan realizando con carácter regular antes da pandemia, e que se viu suspendida nestes dous anos por este motivo. Esta viaxe, é o punto de partida que confirma o regreso desta asociación tan importante para o Concello de Cervo, que contribúe ao dinamismo do pobo, grazas ás múltiples iniciativas que programan ao longo de todo o ano e que tanto botabamos de menos.
Convidado pola Asociación de Veciños de San Pedro de Mor, o Grupo Teatral "O Centiño" de San Martiño, visitou Alfoz o pasado domingo 26 de xuño para representar a súa última obra, "A morte morrida", unha comedia que reflexiona sobre a tristeza da xubilación e sobre a morte. O salón de actos do concello estaba practicamente cheo e todos, actores e público, desfrutamos dun pouquiño de alegría, que a todos nos fai falta nestes tempos difíciles.
A directiva di ata pronto a Elena Aragón, xogadora que desde que chegou ao equipo ofreceu moito traballo e éxito. Desde o club, queren agradecerlle todos os bos momentos que fixo pasar nestes últimos anos e desexánlle moita sorte no seu futuro profesional.
Farase de xeito telemático a través dun formulario que se atopará na páxina web da escola. No caso de que pechado este prazo haxa máis solicitudes que número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo para determinar as persoas que entran neste novo curso. As restantes formarán parte dunha lista de agarda.
O edil de Deportes, David Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, participaron este sábado na entrega de medallas do galego alevín de natación, que se celebra este sábado na piscina municipal olímpica.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital