Rosana Pérez celebrou o acordo ante a ameaza da instalación de polígonos eólicos mariños en zonas de actividade pesqueira no Cantábrico Noroeste
Santiago de Compostela, 25 de maio, 2022. A través dunha proposición non de lei, a portavoz de Pesca do BNG, Rosana Pérez denunciou o impacto da enerxía eólica mariña sobre a actividade pesqueira no Cantábrico Noroeste e pediu un pronunciamento no Parlamento para evitar este prexuízo. Neste sentido, apelou ao contido do “Manifesto de Burela” e a necidade de atender as súas demandas acadando finalmente “un acordo unánime” de tres puntos instando á Xunta a dirixirse ao goberno do Estado para:
1.- Atender ao contido do “Manifesto de Burela na defensa do sector pesqueiro do Cantábrico Noroeste” e protexer o sector pesqueiro da ameaza que suporía a localización de instalacións eólicas mariñas en caladoiros e espazos dedicados á actividade pesqueira, e, en consecuencia, sen afectar o escosistema mariño e as actividades pesqueiras.
2.- Avaliar a través do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e do Instituto Español de Oceanografía (IEO) o impacto da instalación de polígonos de eólicos mariños sobre os recursos pesqueiros e as zonas de traballo das diferentes artes e segmentos da frota que operan no caladoiro do Cantábrico Noroeste e os seus efectos sobre a economía das comunidades do Cantábrico.
2.- De constatarse posibles danos, evitar o severo prexuízo ao sector pesqueiro e os danos nos ecosistemas mariños que suporía a implantación deste tipo de instalacións
Rosana Pérez explicou que a “Plataforma Manifesto de Burela”, integrada por organizacións pesqueiras e confrarías do Cantábrico Noroeste, naceu a finais do pasado ano 2021 e entrevistouse cos distintos Grupos representados neste Parlamento a primeiros de febreiro deste mesmo ano. Nesas reunións, dixo buscaban o compromiso dos distintos Grupos para apoiar en sede parlamentar o contido do “Manifesto de Burela” na defensa do sector pesqueiro do Cantábrico Noroeste e protexer a ese sector da localización de instalacións eólicas mariñas en espazos dedicados á actividade pesqueira.
Na súa proposta, a Plataforma recolle oito puntos co fin de:
1.- Deixar clara a súa preocupación pola situación que se está a crear polos efectos do cambio climático no planeta en xeral e no medio mariño en particular.
2.- Maniféstase claramente a favor da implantación de enerxías renovábeis limpas e no caso do mar sempre que se instalen fóra dos caladoiros de pesca e conten coas avaliacións de impacto a todos os niveis, previas á súa implantación.
3.- Entende que os proxectos de implantación de enerxía eólica mariña nas nosas costas non son compatíbeis cos usos existentes, nin coa escasa plataforma continental destas costas, nin coa riqueza dos nosos ecosistemas, nin coa preservación da biodiversidade, nin co mantemento da actividade pesqueira.
4.- Invoca, debido ás grandes interrogantes que aínda existen sobre a afectación da eólica mariña aos ecosistemas, o principio de precaución antes de proceder ao seu desenvolvemento nos nosos mares.
5.- Rebélase contra o paradigma de que poderosos grupos de presión, con anuencia, en moitos casos, das administracións, pretendan impoñer unha industrialización do mar como fonte de enerxía renovábel, en detrimento da produción de alimentos sostíbeis e saudábeis e en detrimento do sector e das comunidades pesqueiras nas nosas costas, zonas altamente dependentes da pesca, sen que se teñan feito as avaliacións que correspondan sobre a afectación aos nosos ecosistemas por parte desa industria.
6.- Advirte do dano irreversible que se pode facer ao ecosistema e, polo tanto, da grave afectación presente e futura que iso tería non só no sector pesqueiro, senón no conxunto da sociedade.
7.- Lémbrannos que o Parlamento Europeo, no seu informe sobre o impacto no sector pesqueiro dos parques eólicos e outros sistemas de enerxía renovábel, indica que a liña vermella que non se pode sobrepasar coa implantación da eólica mariña nas augas da UE é a afectación aos caladoiros de pesca e á actividade pesqueira e que os caladoiros deben permanecer libres de enerxías renovábeis mariñas porque o esencial é preservar os nosos ecosistemas e a actividade do sector como provedor á sociedade da proteína animal saudábel que menos pegada de carbono deixa no planeta e evitar que se poña en risco a seguridade alimentaria.
8.- Declara que a pesca en si mesma xa forma parte da solución para paliar o cambio climático e que o sector do mar non pode ser substituído por industrias que afecten aos seu modo de vida e aos ecosistemas en prexuízo de toda a sociedade e para beneficio de empresas enerxéticas que amosaron estar moi apartadas do interese xeral e do ben común.
Estes 8 puntos, explicou a nacionalista son os que recolle a Plataforma no “Manifesto de Burela”, 8 puntos, recalcou que o BNG asume na súa totalidade.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



